|
Blogs -
En general
|
|
escrito por Administrator
|
|
03/12/08 |
A concellería de Promoción Económica do Concello de Melide vén de facer pública a concesión dunha axuda de 6.000 euros para as dúas asociacións de comerciantes da vila, que se distribuirá a partes iguais entre ASETEM Centro Comercial Aberto e Vila de Melide Centro Comercial. O concelleiro nacionalista, Antonio Díaz, avanzou esta medida como “unha forma directa de apoio a toda a veciñanza, posto que se reforzan os alicerces do comercio local nunhas datas tan puxantes como son para iso as do Nadal, e ao mesmo tempo promóvese o consumo de calidade sen ter que saír da vila”. Comentarios | Votar favorito (1) | Visto: 27 |
|
Leer más...
|
|
|
Blogs -
Cultura
|
|
escrito por Antonio
|
|
02/12/08 |
|
Dentro das necesidades da sociedade actual, o respecto e a
conservación do patrimonio segue a ser unha asignatura pendente. Dende
o CEIDA, o equipo de educación ambiental leva tres cursos organizando o
Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da provincia da Coruña baixo
o lema Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural.
As voces das comunidades educativas, identificadas no alumnado como
actores transmisores, seguen a ser a mellor referencia dos movementos
que se están a desenvolver para a difusión desa conciencia ambiental,
que nace no xerme dos protagonistas das sociedades futuras.
Con este III Congreso de Educación Ambiental
preténdese consolidar vías de comunicación e de colaboración cos
centros de ensino, a través dun espazo de participación e debate.
Cartaz
Bases do congreso
Preinscrición no III congreso
Prazo aberto ata o 18 de xaneiro de 2009. + info en www.ceida.org ou 981.630.618 http://www.ceida.org/ Comentarios | Votar favorito (1) | Visto: 71 |
| |
|
|
Blogs -
Eventos
|
|
escrito por Administrator
|
|
01/12/08 |
Culturgal es la Feria de las industrias culturales gallegas en la que participarán más de 100 entidades que presentarán sus proyectos. Tendrá lugar del 4 al 7 de diciembre de 2008 en el Palacio de Exposiciones y Congresos (Palexco) de La Coruña. La programación será de lo más variada con presentación de libros, discos, proyectos editoriales, conciertos, obradoiros, representaciones teatrales, etc Culturgal está dirigida tanto a profesionales como a público en general y el acceso es gratuito. A destacar para el público más joven los conciertos el día 6 de diciembre de Dios ke te Crew, Marful, The Homens, O Sonoro Maxín o la danza contemporánea con Proxecto Zocas. También se presentará un recopilatorio editado para la ocasión con temas de grupos como Ecléctica Ensembre, Bonovo, Roi Casal, Som do Galpom, Maryland o Chotokoeu. El domingo 7 a las 18:00h los más pequeños podrán asistir a la presentación de la nueva Xabaxira de Xabarín Club. Programación completa en: http://www.culturgal.com/mediateca/culturgal_dosiernovo.pdf
Comentarios | Votar favorito (2) | Visto: 61 |
|
|
Blogs -
Actividades
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
APROBACIÓN MODIFICACIÓN PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 7 de novembro de 2008, aprobou o expediente de modificación dos prezos públicos das Escolas Deportivas do Concello de Melide, segundo o seguinte cadro:
ACTIVIDADE PREZO/MES ACTIVIDADE PREZO/MES
Baloncesto 10,00 € Multiaventura 10,00 €
Fútbol Sala 10,00 € Piragüismo de Augas Bravas 10,00 €
Tenis 10,00 € Informática 5-10E
Psicomotricidade 10,00 € Manualidades 10,00 € Patinaxe 10,00 € Badminton 10,00 € Pintura 10,00 € Loitas olímpicas e kickboxing 10,00 €
Ximnasia de mantemento 10-12 E Predeporte 10,00 €
Ballet 10,00 € Voleibol 10,00 €
Baile Moderno 10,00 € Tenis de mesa 10,00 €
Batuka 10,00 € Balonman 10,00 € Bailes de salón 10,00 € Ioga 10,00 €
Este acordo, xunto co expediente administrativo, exponse ó público na Intervención municipal, durante trinta días hábiles, a contar dende o seguinte día hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello ou no BOP, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non se presentar reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, de conformidade co disposto no art. 17.3 da Lei 39/1988, e tendo en conta que para os prezos públicos é de aplicación o previsto no artigo 65.2. en relación co 70.2. da LBRL.
Melide, 13 de novembro de 2008
A ALCALDESA,
Asdo./ Mª Socorro Cea Vázquez. Comentarios | Votar favorito (4) | Visto: 50 |
|
|
Blogs -
Actividades
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
LAMENTABLE SITUACIÓN DO CONCELLO
DENDE O PP QUEREMOS INFORMARVOS QUE POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA O CONCELLO DE MELIDE NON APROBARÁ OS PRESUPOSTOS DESTE ANO.
LEMBRAR QUE SOCORRO CEA O PASADO ANO DIXO QUE ESTARÍAN EN VIGOR A PRIMEIROS DE ANO , ONCE MESES DESPOIS OS MELIDENSES NON SABEMOS QUE FOI O QUE FIXERON COS NOSOS CARTOS.
¿POR QUÉ NON SE APROBAN OS PRESUPOSTOS DO 2008?
1.- NON LLES SAEN AS CONTAS PORQUE DESPILFARRARON MOITOS CARTOS; E PARA APROBAR UN PRESUPOSTO OS GASTOS DO CONCELLO NON PODEN SUPERAR OS INGRESOS.
2.-FALTA DE ENTENDEMENTO ENTRE OS SOCIOS DE GOBERNO.
A CONSECUENCIA:18 MESES DE DESGOBERNO LEVAN Ó NOSO CONCELLO A UNHA PARÁLISE TOTAL.
CONCLUSIÓN: O PASADO ANO BNG-PSOE APROBARON OS PRESUPOSTO GRACIAS Ó PATRIMONIO DEIXADO POLO PP, UN ANO DESPOIS SON INCAPACES DE PRESENTAR AS CONTAS.
DO QUE SI SON CAPACES É DE SUBIR O RECIBO DA AUGA UN 20% E O RESTO DOS IMPOSTOS UN 4,5% O QUE SUPORÁ QUE CADA FAMILIA O VINDEIRO ANO PAGUE UNHA MEDIA DE 60 € MÁIS.
DESPOIS DE ANO E MEDIO GOBERNANDO SOCORRO CEA ¿A QUEN PRETENDERÁ VOTARLLE A CULPA DESTA LAMENTABLE SITUACIÓN ?
Comentarios | Votar favorito (3) | Visto: 61 |
|
|
Blogs -
Política
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
O GRUPO POPULAR MUNICIPAL VOTOU EN CONTRA NO PLENO DE HOXE A SUBIDA DO 4,5 % DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS E OPONSE TOTALMENTE A SUBIDA DO 20% EN MENOS DUN ANO NO RECIBO DA AUGA. O PP PROPÓN A CONXELACIÓN DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS.
ÁNXELES VÁZQUEZ INSTA Ó GOBERNO A FACER UNHA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DE GASTOS, EN VEZ DE SUBIR OS IMPOSTOS ÓS MELIDENSES.
Melide, 13 de novembro de 2008. O PP DE Melide propuxo no pleno celebrado no día de hoxe a conxelación dos impostos municipais de cara ó vindeiro ano debido a crise que está vivindo o país e que afecta de un modo importante a Melide debido a situación do sector gandeiro e da construcción eixos fundamentais da economía deste concello e que repercute negativamente nos demais sectores.
Segundo Ánxeles Vázquez tódolos recibos chegaran o vindeiro ano con unha suba do 4,5 % e o da auga chegará ó 20% de suba en menos de un ano opoñéndose rotundamente o PP de Melide .
O grupo popular municipal instou ó goberno a facer unha política de contención de gasto e facer un esforzo para que os melidenses non teñan que sufrir un incremento dos impostos de cara o vindeiro ano. Critica o PP que se tome o actual goberno á lixeira a economía do Concello, lembrando que se perden subvencións por non pedilas a tempo, como foi o caso da 2ª fase de campos de fútbol de herba artificial, ou que se despida persoal que despois ten que ser indemnizado por tratarse de despidos improcedentes, caso da locutora de radio e eso sexa pagado polos impostos dos melidenses.
Comentarios | Votar favorito (4) | Visto: 49 |
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
Ánxeles Vázquez critica a pasividade do Concello porque o primeiro estudio enviouse ao Ministerio o 26 de xuño, e o definitivo coas correccións non se entregou ata o 5 de setembro
O PP de Melide acusa a Socorro Cea de irresponsable por demorar os informes para o trazado alternativo da autovía contribuindo a que a obra continúe paralizada.
O PP insta a Socorro Cea a dar explicacións sobre os motivos que levaron ó Concello a enviar un estudio de só dos folios e medio e posteriormente o mesmo pero con conclusión o 5 de setembro; este último fora de prazo.
Melide, 2 de novembro de 2008. O PP de Melide deu a coñecer, nunha nota informativa, a súa valoración tras a contestación por parte da Xunta dunha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Popular, na que a Administración Autonómica confirma que non dispón de ningún estudio informativo do treito Arzúa- Palas de Rei, nin polo tanto de ningún trazado alternativo a Melide. Isto supón, segundo palabras de Ánxeles Vázquez, “que a autovía que xa leva un retraso de 5 anos, continúe paralizada e a este paso tardará moitos máis en ver a luz”.
Os populares denuncian que, despois de solicitalo durante tres meses, por fin tiveron acceso aos informes que o Concello remitiu ao Ministerio para o estudio informativo Arzúa-Palas de Rei, é decir, para o trazado alternativo de Melide. Tras estudiar o citado informe o PP constatou que o Goberno Municipal actuou con total irresponsabilidade , constatando que o Goberno Local enviou o primeiro informe o 26 de xuño, que non tiña sentido por carecer de conclusión, e a alcaldesa non volveu a remitir o novo estudio corrixido ata o 5 de setembro; cando o prazo para remitilo remataba a finais de xuño.
A voceira do PP entende agora cales son os motivos polos que o Concello non levou a aprobación deste estudio perante ningún organismo, xa que inda que o Ministerio pedía un estudio detallado, Socorro Cea remitiu o 26 de xuño só dous folios e medio. Posteriormente o mesmo estudio pero con conclusión entregouse o 5 de setembro, o que supón unha pérdida de tempo pola falta de capacidade do Goberno Local para cumplir coa súa obriga e pola pasividade para axilizar un informe que está contribuindo a parálise na construcción do citado tramo da autovía.
Ánxeles Vázquez tamén critica a falta de transparencia do Goberno Local porque tardou 3 meses en facilitarlle o estudio detallado, que no mes de maio pedíu Medio Ambiente co fin de facilitar a cercanía a vila, o que pón de manifesto o seu interese por ocultar a verdade sobre os trámites que se estaban levando a cabo, ante a evidencia da acumulación de novos retrasos.
A voceira do PP esixe a Cea que explique públicamente os motivos polos cales neste Concello se fan as cousas tan a lixeira e se comete o erro de tardar tres meses en completar un informe ao que lle faltaba engadir as conclusións. Para os populares supón una irresponsabilidade por parte do Goberno Local que non se priorice un tema tan importante como a construcción do trazado alternativo da autovía en Melide, xa que se trata dunha actuación que afecta a todos os veciños e que preocupa a toda a vila.
Comentarios | Votar favorito (3) | Visto: 50 |
|
|
Blogs -
Economía
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
APROBACIÓN MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE MELIDE
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 7 de novembro de 2008, aprobou o expediente de modificación do prezo público da Piscina municipal do Concello de Melide, segundo a redacción establecida no Anexo I, que recolle o Texto Íntegro da Ordenanza Nº23 Reguladora do Prezo Público pola prestación do Servizo Público da piscina municipal climatizada do Concello de Melide. Este acordo, xunto co expediente administrativo, exponse ó público na Intervención municipal, durante trinta días hábiles, a contar dende o seguinte día hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello ou no BOP, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non se presentar reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, de conformidade co disposto no art. 17.3 da Lei 39/1988, e tendo en conta que para os prezos públicos é de aplicación o previsto no artigo 65.2. en relación co 70.2. da LBRL.
Comentarios | Votar favorito (4) | Visto: 46 |
|
Leer más...
|
| |
| |
| |
| |
| |
|
|
Blogs -
Eventos
|
|
escrito por Administrator
|
|
19/11/08 |
FotogrÁFRICA, é unha mostra sobre como o continente africano está a vivir a pandemia da sida a través do obxectivo de catro fotógrafos, un de cada continente: Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rossina Ynzega. Grazas a unha iniciativa de Médicos do Mundo, que viaxaron por Namibia, Senegal, Mozambique e Angola impartindo talleres, tomando fotografías e recollendo testemuños directos das propias persoas afectadas polo VIH, configurouse unha exposición que está a percorrer varias localidades de todo o país. O Concello de Melide inaugurou esta mostra, que poderá visitarse na sala de exposicións do Edificio Multiusos ata o 30 de novembro. Comentarios | Votar favorito (15) | Visto: 355 |
|
Leer más...
|
| |
| |
|
|
Blogs -
Asuntos sociales
|
|
escrito por Administrator
|
|
17/11/08 |
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel J. Fernández
Iglesias, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea Vázquez, inauguraron
hoxe o telecentro de comunicación do concello (sito no Edificio
Multiusos) co que a Secretaría Xeral de Comunicación pretende achegar
aos veciños as novas canles de comunicación, convertendo este
telecentro nun espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación
audiovisual e a alfabetización dixital.
No acto participaron ademais
preto de 50 alumnos do Colexio Público do municipio, o tenente alcalde,
Manuel Prado, así como os representantes das asociacións municipais.
Desde Vedra, a través de videconferencia, o alcalde do municipio, Odón
Cobas García, deu a benvida ao concello de Melide á Rede de Telecentros
de Comunicación. Comentarios | Votar favorito (13) | Visto: 370 |
|
Leer más...
|
| |
|
|
Blogs -
Informatica
|
|
escrito por anxo
|
|
07/11/08 |
|
|