Buscar en este sitio | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (124 art.) | |
| Antonio (36 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (5 art.) |
| Melide estreará local de ensaio a finais de ano no que se investirá 112.000 euros |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 30/05/08 | ||||||
Os grupos musicais de Melide contarán antes do remate deste ano cunha nova instalación municipal ao seu servizo para poderen ensaiar. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Mocidade, Anabel Ramos, entrevistáronse esta mañá co Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, para abordar diferentes proxectos en marcha, así como novas posibilidades de colaboración entre este departamento de Vicepresidencia e o Concello de Melide. Un dos temas abordados na reunión foi o relativo ao local de ensaio, unha vella demanda dos diversos grupos musicais que hai en Melide. Na xuntanza celebrada nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude en Santiago de Compostela, Rubén Cela, Socorro Cea e Anabel Ramos analizaron o estado actual no que se atopa o proxecto para dotar dun local de ensaio a Melide. O director xeral comprometeuse coa alcaldesa a asinar o correspondente convenio de colaboración no próximo mes de xuño. Dese xeito, será o propio concello o que poida licitar as obras este mesmo verán que terán un prazo de execución de catro meses e contarán cun investimento de 112.000 euros sufragados integramente pola Dirección Xeral de Xuventude. O futuro local de ensaio estará ubicado na parte traseira do edificio multiusos, onde o Concello acometerá tamén nas vindeiras datas un proxecto de mellora desa zona. A posta en marcha do local de ensaio ofrecerá un servizo de alta calidade, profesional e de acceso gratuíto aos grupos e conxuntos musicas de Melide que neste momento non contan con ningunha infraestrutura na que ensaiar ou preparar as súas maquetas. A alcaldesa, Socorro Cea, amosouse satisfeita pola colaboración ofrecida polo departamento do nacionalista Rubén Cela, e adiantou que “xa é tempo de que se preste atención ás demandas da mocidade de Melide, polo que dende o equipo de goberno queremos apoiar con infraestruturas de calidade o crecemento de novas propostas creativas e musicais que teñan a súa orixe en Melide”. A nivel cultural, esta mesma semana inaugurouse tamén en Melide a primeira sala de exposicións coa que conta o Concello, e que está permitindo xa que os numerosos artistas locais poidan expoñer as súas obras na terra que as inspirou. Outros dos temas tratados foi a incorporación de Melide ao programa Naturalmente Galiza-visitas guiadas de fin de semana, que consiste en deseñar unha programación completa para que persoas de entre dezaoito e trinta anos pasen en Melide unha fin de semana coñecendo o patrimonio cultural e etnográfico. Por outra banda, a alcaldesa interesouse tamén pola participación da xente nova de Melide nos campamentos organizados pola Vicepresidencia, e que coordina o departamento de Rubén Cela. Nota de prensa concello de Melide Votar favorito (59) | Visto: 2498
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons