En este enlace puedes encontrar postales para enviar a tus amigos.
Aunque en principio van a ser pocas, las iremos aumentando semanalmente.
Si tienes alguna que quieras que aparezca en la web (que no tenga
copyright por supuesto) puedes enviarla a
|
Inauguración da exposición ART-NATURA en Melide |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
19/05/08 |
Do 21 de maio ao 5 de xuño. A exposición Art-Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este mércores 21 de maio 20:00 no Edificio Multiusos de Melide.
Na inauguración estarán presentes membros de ADEGA e do Concello de
Melide na persoa da concelleira de cultura. A exposición permanecerá
aberta dende o día 21 de maio até o 5 de xuño. A
mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello
de Melide e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente. Estades todos convidad@s!!!
A exposición “ART-NATURA”, promovida por ADEGA, é unha mostra itinerante por todo o territorio de Galiza en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural. Melide
é a oitava localización na que se expón “Art Natura” tras Compostela, O
Carballiño, Lugo, Oroso, A Coruña, Fene e Marín onde tivo unha boa
acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais.
Durante este 2008, pretendemos tamén presentar a exposición en
Pontevedra, Ferrol, Carballo e Cabanas. Permanecere atent@s ás novas
convocatorias e datas.
Fonte www.adega.info
Votar favorito (63) | Visto: 2120
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |