| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (159 art.) | |
| Antonio (52 art.) | |
| anxo (25 art.) | |
| betanceira (3 art.) | |
| betanzeria (1 art.) | |
| censuras (1 art.) | |
| El enterrador (11 art.) | |
| gelines (46 art.) | |
| ponte (1 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (6 art.) |
![]() | 673 registrados |
![]() | 1 hoy |
![]() | 1 esta semana |
![]() | 39 este mes |
![]() | Ultimo: FeapsePlole |
| PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA 2009 |
|
|
|
| escrito por gelines | ||||||
| 27/03/09 | ||||||
|
A Secretaría Xeral de Benestar pon en marcha o programa de Turismo Social 2009, cunha oferta que este ano chega ás 3.274 prazas. Esta iniciativa de ocio para os maiores céntrase nas modalidades de turismo termal e no turismo de intercambio. Este ano, poténciase a modalidade de turismo termal, na que se ofertan dúas opcións: unha primeira de todo incluído, para a que se habilitan 2.139 prazas, que comprende os tratamentos termais, transporte, aloxamento, manutención e animación sociocultural; e unha segunda modalidade, con outras 1.015 prazas, que contempla só os tratamentos termais, sendo o desprazamento e o aloxamento por conta do beneficiario. O programa amplía ata 15 o número de establecementos termais incluídos na oferta, coa incorporación dos de Acuña, Illa da Toxa, Mondariz e Outariz. Así, por provincias, figuran o balneario Baños Vellos de Carballo, na Coruña; Río Pambre (Palas de Rei) e Termas Romanas, en Lugo; Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, Gran Balneario e Caldas de Partovia (O Carballiño) e Termas de Outariz, en Ourense; e Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Balneario da Toxa (O Grove), Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui (Tui), Cuntis e Balneario de Mondariz, en Pontevedra. O custo destes programas termais para os beneficiarios oscilan entre os 270 € e os 355 €, segundo destino, para a opción “todo incluído”, con estancias de 11 días; e entre os 97€ e os 222€, por dez días, para a opción de “só tratamento termal”. Ademais, da totalidade de prazas para a opción “todo incluído”
resérvanse 32 prazas gratuítas para persoas que acrediten dispoñer de
escasos recursos económicos, e outras 64 prazas para matrimonios que
cumpriron as súas vodas de ouro no ano en curso, nas que os
beneficiarios gozan de importantes descontos. Requisitos e inscricións Dentro dos solicitantes que reúnan os requisitos para participar no Programa, daráselles prioridade a aquelas persoas con maior idade e menores ingresos económicos, así como ás que non tiveran participado no programa en anteriores convocatorias e precisen os tratamentos termais solicitados (segundo o baremo establecido ao efecto). Os maiores interesados en participar neste programa poderanse dirixir para máis información ás Delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, Residencias e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, ao Teléfono Social 900 333 666 ou aos servizos sociais de atención primaria dos concellos ou dos centros de saúde. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de abril ás 14 horas. Fonte http://novas.xunta.es/node/14251 Votar favorito (80) | Visto: 3017
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 27/03/09 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons