Chat | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (118 art.) | |
| Antonio (33 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) |
| Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres |
|
|
|
| escrito por gelines | ||||||
| 18/04/08 | ||||||
|
As axudas solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. Organismo: Consellería de
Traballo Beneficiarios: Poderán ser
beneficiarios das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a
forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, as sociedades civís e as
comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten
por conta allea traballadoras pertencentes aos colectivos relacionados no artigo
3º para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma
de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos
nesta orde para os distintos tipos de axudas e non incorran nas circunstancias
previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia. Non poderán ser
beneficiarios destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas
nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera
delas. Colectivo
beneficiario: Mulleres maiores de
31 anos en que concurra algunha das seguintes
circunstancias: a) Mulleres
desempregadas de longa duración: toda muller que estivese sen traballo 12 dos
anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose maior de 45
anos. b) Mulleres
desempregadas titulares de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou
desempregadas de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade
laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no
momento da solicitude. c) Mulleres
desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou
ocupacións en que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de
Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro)
para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con
menor índice de emprego feminino. d) Mulleres
desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia
prolongada dun mínimo de dous anos. e) Mulleres
desempregadas que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do
parto. f) Mulleres
desempregadas demandantes de primeiro emprego. g) Mulleres
demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción
nunha ocupación e sexan contratadas nela. h) Mulleres
emigrantes retornadas. i) Mulleres
desempregadas que non estean incluídas en ningún dos colectivos
anteriores. Tipos de axudas:
a) Axudas ás
contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo e a tempo parcial, que se
realicen con traballadoras desempregadas que estean inscritas como demandantes
de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación,
pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 3º desta
orde. b) Axudas ás
transformacións en indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de
revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de
interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración, sempre que no momento
da contratación temporal a muller fose maior de 31 anos de
idade. Contía das
axudas: - As contratacións
indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os
fixos-descontinuos, incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros, cando a muller
contratada pertenza a algún dos colectivos beneficiarios indicados no apartado
anterior. - As contratacións
indefinidas iniciais, a xornada completa ou a tempo parcial, incluídos os
fixos-descontinuos realizadas con mulleres desempregadas maiores de 31 anos que
non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores, incentivaranse cunha
axuda de 2.000 euros. Cando as ditas mulleres procedan de empresas en crise, as
contratacións incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros. - As transformacións
en indefinidos dos contratos temporais que reúnan os requisitos e condicións
establecidos nos artigos 4º e 5º da orde de axudas,
incentivaranse cunha contía de
3.000 euros. - Cando se trate de
contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos establecidos nos puntos
anteriores serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da
xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no
seu defecto, da xornada ordinaria legal. Prazo de presentación de
solicitudes: O prazo para a
presentación das solicitudes de axudas rematará o 15 de setembro de 2008, aínda
que nesa data non transcorresen dous meses desde a celebración do contrato
obxecto de subvención. As solicitudes de
axudas polas contratacións indefinidas iniciais de mulleres desempregadas
pertencentes ao colectivo beneficiario indicado e polas transformacións en
indefinidos de contratos temporais, que reúnan os requisitos e condicións
establecidos nos artigos 4º e 5º da orde de axudas, realizadas dende o 16 de
setembro do 2007 e ata a data da publicación da presente orde, poderán
presentarse ata o 31 de maio de 2008. Presentación de
solicitudes: As solicitudes de
subvención dirixiranse: - Á Delegación
Provincial da Consellería de Traballo (Rúa Fernando Macías, 18-20, 1º 15071
A Coruña) cando a contratación se realice para
prestar servizos en centros de traballo radicado na respectiva
provincia. - Ao director xeral
de Promoción do Emprego (Complexo Administrativo San Lázaro,
s/n 15781 Santiago de Compostela) cando as
contratacións se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados
en varias provincias ou no suposto de que a solicitude se realice pola
contratación de 30 ou máis traballadoras. Asimesmo, as
solicitudes presentaránse nos rexistros das respectivas delegacións provinciais
ou, se é o caso, na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de
Traballo, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime
xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común. Publicación: DOG Nº 73, Mércores
16 de abril de 2008 (http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D008P035.PDF) Máis
información: Delegación
Provincial da Consellería de Traballo na Coruña (Rúa Fernando Macías, 18-20, 1º Tel.:
981 185 978 - Fax: 981 185 981) Solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es Fonte da nova Concello de Cambre. Votar favorito (85) | Visto: 2545
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons