|

Os
amantes da pesca espallados pola bisbarra de Melide dispoñen xa dunha
asociación, impulsada por 22 afeccionados, para fomentar a práctica
deste deporte no municipio melidense, e na súa contorna: Toques,
Santiso e Sobrado dos Monxes. Este
colectivo, dende o que se pretende tamén potenciar a práctica doutras
actividades deportivas menos estendidas na zona, pero tamén vinculadas
ó medio ambiente, quedou formalmente constituído nun encontro de
convocatoria aberta, que se celebrou na tardiña do venres, día 3 de
xuño de 2005, na sede da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem). Os
socios fundadores da Asociación de Troiteiros Río Furelos, nome co que
nace este colectivo, elixiron democráticamente a xunta directiva, na
que figura como presidente Xavier Pazo Blanco, e márcanse como
obxectivos a medio prazo, asumir a xestión do couto do río Furelos e
defender os intereses do colectivo. A día de hoxe contamos con máis de
260 socios, e contamos incrementar esta cifra nos vindeiros meses. www.riofurelos.es
|