Inicio arrow Directorio local arrow Concursos y oposiciones arrow O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA UN CERTAME DE DEBUXO CON MOTIVO DA XVII FESTA DO MELINDRE

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (118 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)

Webs amigas

 


Google
Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
Puedes enviarnos tu enlace o enlaces a la dirección de correo webxoven@gmail.com y lo incluiremos a la mayor brevedad.


O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA UN CERTAME DE DEBUXO CON MOTIVO DA XVII FESTA DO MELINDRE PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
03/04/08
Os participantes, de entre 3 e 14 anos, poden presentar os seus traballos do 15 ao 30 de abril na biblioteca municipal.
Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán de premio unha consola Nintendo.
Todos os debuxos presentados serán expostos na Praza do Convento o 11 de maio, día da celebración da “XVII Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide”.

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Festas, que dirixe o nacionalista Antonio Díaz, deu a coñecer no día de hoxe a convocatoria dun certame de debuxo dirixido a escolares de entre 3 e 14 anos da comarca da Terra de Melide, que terá como temática central a repostería tradicional de Melide.

Os ricos, os amendoados e os melindres serán os protagonistas deste certame enmarcado nos actos previstos para a XVII edición da Festa do Melindre, que se celebrará na fin de semana do 11 de maio. Segundo o concelleiro Antonio Díaz, “queremos que a celebración da Festa do Melindre implique a todos os veciños e veciñas: os reposteiros e reposteiras, as distintas asociacións culturais ou doutra índole, e tamén aos nenos e nenas, que nos achegarán a súa visión da festa a través dos seus debuxos.”

O Concello de Melide editou con motivo deste certame uns carteis e uns trípticos informativos nos que se recollen as bases para a participación. Segundo estas bases, o prazo de presentación de debuxos estará aberto dende o 15 ata o 30 de abril. Os traballos, que deberán entregarse na biblioteca municipal, recolleranse segundo catro categorías: de tres a once anos para todas as categorías serán unha Consola Nintendo DS, agás para os gañador da categoría de máis idade, que recibirá unha Consola Play Station PSP.

Dende o goberno local, Antonio Díaz destacou que “o obxectivo é dar un novo pulo a esta Festa do Melindre, por en valor a riqueza gastronómica de Melide, con produtos coma o rico, que son únicos e exclusivos en toda Galicia”.

A fin de fomentar a participación dos rapaces e rapazas de toda a comarca, o Concello de Melide repartirá estes días trípticos e carteis nos colexios de Melide, Santiso, Sobrado e Toques. Todos os traballos presentados serán expostos o día da Festa do Melindre –o 11 de maio-, na Praza do Convento, no marco dun programa de actividades para nenos que o Concello está deseñando para esa fin de semana.
Fonte concello de Melide.


Votar favorito (66) | Visto: 1813

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons