Insertar tu anuncio no cuesta nada, salvo tu tiempo.
. Registrarte te lleva dos minutos.
Una vez que estés registrado entra con tus datos y podrás escribir cualquier anuncio.
Recuerda que tu eres el propietario de lo que escribas.
Si no encuentras la categoría necesaria donde publicar tu anuncio, sólo tienes que escribirnos un email a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
solicitándola y en unas horas estará operativa.
|
MELIDE ACOLLERÁ UN CURSO DE CELGA 4 A PARTIR DO LUNS |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
28/03/08 |
O Concello de Melide ten concedida a realización dun curso de galego de nivel CELGA 4, equivalente ao que anteriormente se coñecía como curso de perfeccionamento. O nivel 4 do CELGA é o nivel superior, posto que o 5 está pensado unicamente para mestres e especialistas.
O curso que dará comezo en Melide o vindeiro luns 31 de marzo consistirá na preparación para o exame que o CELGA 4 realizará nas catro provincias galegas os días 10 e 11 de maio. A obtención deste título é fundamental para todas as persoas que queiran presentarse a concursos ou oposicións públicas, posto que é requisito indispensable e puntuable na maior parte dos tribunais.
Todos os interesados en asistir ao curso de formación para a obtención do título CELGA 4 poden apuntarse aínda na Casa do Concello de Melide. O luns 31 terá lugar a primeira reunión, ás 20h no edificio Multiusos, para a concreción do horario en función das persoas que integren o grupo.
Fonte Concello de Melide
Votar favorito (73) | Visto: 2314
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |