Directorio local
Eventos
MELIDE ACOLLE AS I XORNADAS CONTRACULTURAIS ANTIRREPRESIÓN | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (118 art.) | |
| Antonio (33 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) |
| MELIDE ACOLLE AS I XORNADAS CONTRACULTURAIS ANTIRREPRESIÓN |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 19/03/08 | ||||||
O Concello de Melide colabora estes días na celebración das I Xornadas Contraculturais Antirrepresión que se desenvolverán no edificio Multiusos da vila. As xornadas están organizadas pola distribuidora Malatesta, e buscan ofrecer unha visión alternativa e crítica sobre situacións de represión que se dan na actualidade nas sociedades modernas.As I Xornadas desenvolveranse o xoves 20 e o venres 21. O primeiro día, ás 16.30h, abordarase a situación que se vive nos cárceres a través do caso de Xosé Tarrío, un preso xa falecido cuxo caso revivirá da voz da súa propia nai, Pastora González, que abrirá o ciclo de conferencias. A segunda xornada, a do venres, dará comezo ás 6 da tarde, coa intervención do doutor Manuel Garrido, que falará sobre todo o que rodea a SIDA. Garrido pertence a unha corrente de investigadores que pon en dúbida moitas das aseveracións feitas sobre esta epidemia. Por iso, a súa é unha visión distinta referida a estudos alternativos a cerca do VIH que en moitas ocasión bateron coa censura. As xornadas contraculturais rematarán o venres coa intervención de Carlos Parrado, melidense que leva máis de vinte e cinco anos estudando a figura de Curuxás, guerrilleiro de gran sona cuxo nome se recolle nunha asociación cultural homónima. A iniciativa da celebración destas Xornadas é do grupo MalaTesta, unha distribuidora de material escrito e audiovisual que procura unha visión distinta e crítica sobre as perspectivas máis minoritarias. Todas as charlas, do xoves e do venres, serán no edificio Multiusos, e abertas ao público. Fonte concello de Melide Votar favorito (79) | Visto: 2006
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons