Inicio arrow Directorio local arrow Eventos arrow MELIDE ACOLLERÁ O 7 DE XUÑO OS ACTOS DE HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR COMO ESCRITOR DO ANO

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (123 art.)
Antonio (36 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (5 art.)

Webs amigas

 


Google
Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
Puedes enviarnos tu enlace o enlaces a la dirección de correo webxoven@gmail.com y lo incluiremos a la mayor brevedad.


MELIDE ACOLLERÁ O 7 DE XUÑO OS ACTOS DE HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR COMO ESCRITOR DO ANO PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
11/03/08
A Asociación de Escritores en Lingua Galega entrega cada ano a “Letra E” a un dos seus membros, na súa terra natal.
Este ano, ademais, Melide celebra o 7 de xuño o 75 aniversario da primeira edición do libro Terra de Melide.
O 7 de xuño daranse a coñecer tamén as obras premiadas nos Certames de Creación Literaria e Investigación “Terra de Melide”.

Melide, 11 de marzo de 2008.- A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea cada ano a un escritor cunha serie de actos programados na súa terra natal. Este ano o homenaxeado é o melidense Xosé Vázquez Pintor, a quen a AELG fará entrega da simbólica “Letra E”, que xa teñen recibido escritores como Avilés de Taramancos, Bernardino Graña,  Manuel María, Neira Vilas ou María Xosé Queizán.

Os actos de homenaxe ao poeta e novelista melidense desenvolveranse na vila o sábado 7 de xuño. Ese día unha importante representación das administracións, da cultura e das letras galegas estará en Melide para arroupar ao escritor que naceu en Melide no ano 1946, aínda que a súa infancia e mocidade foron no concello veciño de Agolada. Na actualidade, Vázquez Pintor exerce de profesor de Ensino Medio en Cangas do Morrazo, aínda que sen descoidar nunca a súa intensa actividade cultural, que abrangue tanto creación literaria como traballos en prensa, radio e organización teatral.

O Concello de Melide e a Asociación de Escritores en Lingua Galega traballan xa de forma conxunta no deseño do programa de actividades previsto para o 7 de xuño. Dentro desta programación inclúese a plantación dunha árbore simbólica que será escollida polo propio autor, así como a inauguración dun monolito conmemorativo no que se recollerán trazos da achega de Vázquez Pintor ao mundo das letras galegas, e a súa raizame con Melide.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, que lle entregará a Vázquez Pintor a simbólica “Letra E” estivo onte en Melide, onde mantivo unha xuntanza coa alcaldesa, Socorro Cea, para tratar sobre a organización dos distintos actos que enchouparán Melide de cultura o vindeiro 7 de xuño. Socorro Cea lembrou que “o 7 de xuño é xa de por si unha data simbólica para o pobo de Melide,  pois tal día coma ese de 1933, saíu do prelo da Editorial Nós o libro Terra de Melide. Este ano, no que se celebra o 75 aniversario desta gran biblia da etnografía da nosa comarca, non podería ter mellor broche cá homenaxe ao noso escritor máis senlleiro”.

Novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo
    A “Letra E” incrementará o patrimonio de galardóns e recoñecementos co que xa conta Vázquez Pintor. Entre eles, cómpre destacar o premio Eduardo Pondal, o Esquío, o Torrente Ballester e mesmo o Premio da Crítica Española. Neste mesmo ano, o autor melidense recibiu o premio Vicente Risco pola súa obra Para dicir abril. Como poeta, Vázque Pintor publicou “Terra e pan”, “No corazón mancado” ou “Gándaras”, entre outros poemarios. Da súa narrativa destacan “De ida e volta”, “Lume de biqueira” ou “Memoria de boi”, aínda que tamén cultivou o teatro, coa creación de tres pezas.

    Nas vindeiras datas, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a alcaldesa de Melide manterán novas xuntanzas para pechar o programa de actividades deste especial 7 de xuño.
   
Nota de prensa concello de Melide




Votar favorito (84) | Visto: 2420

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons