| Memory Cats Jugado: 3196 veces |
| Gator Hop Jugado: 3202 veces |
| Happy Memory Jugado: 3371 veces |
| Moto Cross Jugado: 1793 veces | |
| Fifa World Cup Jugado: 3336 veces |
| ESCOLA DE VERAN PARA INICIACION AO RUGBY NO MES DE XULLO NA CIDADE DEPORTIVA DE “A TORRE |
| Noticias - Actividades |
39480 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 27 de Junio de 2007 13:34 | |
|
Durante 3 semanas monitor do Inef de Galicia e do CRAT Coruña ensinasen aos cursillistas os conceptos básicos do balón oval. A escola municipal de verán de rugby ten como obxectivo principal a iniciación ao rugby, aproveitando as súas grandes virtudes educacionais, ademais de servir como base para a promoción e divulgación do noso deporte. A escola ponse en marcha polo C.R.A.T. Coruña contando coa colaboración do Excmo. Concello da Coruña, e a participación da mestría de rugby do INEF de Galicia e a Federación Galega de Rugby. A escola de verán, está dirixida polo responsable da mestría de rugby do INEF de Galicia e profesor da materia, Juan Carlos Vazquez Lazo, e estará asistido monitor da materia de rugby do Inef, así como adestradores do CRAT Coruña. A escola desenvolverase no novo campo de herba artificial da Cidade Deportiva de “A TORRE”. O horario da escola é do 9 ata o 30 do mes de xullo, os luns, mércores e xoves de 18,00 a 20,00 horas. A escola terá un total de 80 prazas, para nenos e nenas. As idades estarán comprendidas entre os 4 anos e 16 anos. Constituiranse CATRO GRUPOS coa seguinte distribución: 20 PRAZAS DE 4 A 6 ANOS 20 PRAZAS DE 7 A 9 ANOS 20 PRAZAS DE 10 A 13 ANOS 20 PRAZAS DE 14 A 16 ANOS A inscrición poderase realizar ata o 6 de XULLO da seguinte forma e seguintes lugares: Deberase cubrir o boletín adxunto e presentalo en: · • Servizo Municipal de Deportes en Riazor, ou • Oficinas da Cidade Deportiva da Torre, ou • Por fax ao local social do CRAT, 981 206127, ou • Por internet, enviado a folla de inscrición e xustificante de pago a: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Os participantes terán que abonar unha cota de inscrición de 50 euros na seguinte conta do C.R.A.T. - Coruña, indicando o nome do alumno. O xustificante bancario de ingreso presentarase conxuntamente coa folla de ingreso: Caixa Galicia 2091 0708 55 3040002023 Con esta cota cubrirase parte dos gastos do seguro médico e material que se lle entregará a cada participante. Para calquera dúbida, contactar con Jesús Collar de 16,00 a 20,00 h. no móbil 606 403097. ![]() Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.