Traduce con google | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (123 art.) | |
| Antonio (36 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (5 art.) |
| Melide será a sede do primeiro centro de discapacitados intelectuais da provincia |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 15/10/08 | ||||||
|
O director xeral de Acción Social, Bieito Seara, visitou hoxe xunto cun técnico da Vicepresidencia os terreos que o Concello de Melide pon a disposición da Xunta para a construción desta importante infraestrutura, sitos na parte traseira do centro de saúde da vila. Bieito Seara destacou que “Melide se atopa nunha ubicación idónea para un centro provincial destas características, e ademais, dada a situación do terreo, o centro estará perfectamente integrado coa rede de servizos do Concello, ao estar a carón do centro médico e no mesmo casco urbano da vila”. O director xeral gabou tamén as boas condicións urbanísticas do terreo, que achega case cinco mil metros cadrados edificables. Segundo palabras do responsable da área de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta, a vindeira semana encargarase o proxecto a obra, cuxa licitación se prevé para o primeiro trimestre do ano 2009 e no que Vicepresidencia investirá uns 5 millóns de euros. Desa maneira, e tendo en conta que o período aproximado de execución será duns 20 meses, o centro podería comezar a funcionar a mediados de 2010. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, amosouse moi satisfeita por “este novo servizo social que chega a Melide”, e lembrou que “neste ano e medio que levamos á fronte do Concello de Melide púxose en marcha o proxecto de construción dunha galescola, que estará en funcionamento no próximo curso; a creación dun centro de día, que tamén ofrecerá o seu servizo antes do remate deste ano, e conseguimos o desbloqueo da residencia de maiores, ata este momento sen uso debido á carencia de equipamento, pero que no vindeiro ano abrirá as súas portas”. No encontro con Bieito Seara, a rexedora melidense congratulouse de que “grazas a toda esta colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, Melide será unha referencia dos servizos sociais en todo o País”. Servizos e movemento económico para Melide Cando o centro de discapacitados abra as súas portas, abrirase unha oferta de sesenta prazas para persoas con discapacidade intelectual, que farán uso do centro en réxime de internado. Ademais, esta instalación contempla unha zona de centro de día, de xeito que unhas vinte persoas con este tipo de discapacidade poderán asistir en horario diurno. Nestes momentos, en toda Galiza só existen outros dous centros similares ao que se vai instalar en Melide, sitos en Sarria e Redondela. A alcaldesa de Melide destacou que “amais de ofrecer un servizo á cidadanía, sendo referente provincial, o centro de discapacitados empregará a uns cincuenta traballadores, o cal é tamén unha extraordinaria noticia para Melide”. Fonte nota de prensa Concello de Melide. Votar favorito (34) | Visto: 798
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons