Libro de visitas | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (124 art.) | |
| Antonio (36 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (5 art.) |
| Melide acollerá esta fin de semana a I Feira do Libro no Camiño de Santiago |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 22/07/08 | ||||||
|
Entre as visitas ás casetas, o Concello de Melide programou para as 13 horas do sábado a presentación da segunda novela da escritora Iria López, un prometedor talento da literatura galega que falará en Melide da súa obra Santa Matriusca. Será tamén no marco desta feira, o sábado, cando se realice a entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide, Os sons de Galiza, cuxos vinte e cinco finalistas, traballos en lenzo sobre bastidor, poden visitarse durante estes días no Museo da Terra de Melide. A entrega de premios deste certame de pintura dará comezo ás 18.30 horas, no Salón de Plenos do Concello. Para os máis pequenos, o sábado desenvolveranse talleres sobre ilustración e outros aspectos vencellados aos libros, así como unha sesión de contacontos a cargo de Santi Prego. O equipo de goberno de Melide incluíu tamén na programación desta fin de semana varias actuacións musicais. A primeira delas, o sábado –Cantón de San Roque, 23 horas-, traerá a Melide ao grupo Sumrrá, que presentará na vila o seu terceiro traballo, co que se está a consolidar como grupo de referencia a nivel estatal pola calidade do seu jazz que conserva sempre a pegada galega. Xornada intensa na mañá do domingo As actividades con maior peso literario desta I Feira no Camiño de Santiago concentraranse na mañá do domingo 27. Ás 12 horas, o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, moderará unha mesa redonda na que participarán varios gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide entre os anos 2000 e 2007. Ao seu remate, o escritor Xosé Vázquez Pintor, que recentemente deu nome á biblioteca pública municipal da vila, estará na Feira do Libro para participar nun coloquio que xirará derredor da súa obra Para dicir abril. Xunto a Vázquez Pintor, estarán Ánxela Gracián, directora da Colección Medusa de Sotelo, onde o autor melidense publicou a súa obra, e tamén a escritora cubana Yanelis Velazco, autora da tese Xosé Vázquez Pintor: a memoria que reconstrúe un mundo. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, avanzou que “quixemos con esta feira recoñecer o traballo das librarías de Melide, unilas nun proxecto común e dar un pulo á actividade literaria e creativa que sempre caracterizou á nosa comarca”. Así mesmo, a rexedora melidense destacou que “temos un programa ambicioso que traerá a Melide a figuras de referencia da literatura galega actual, ao tempo que queremos apostar por novos rostros e actividades que animen á xente nova a achegarse aos libros”. Neste sentido, a Feira do Libro que organiza o Concello de Melide contará tamén o domingo con obradoiros, dirixidos polo ilustrador Xosé Tomás; contacontos coa compañía Seisdedos e contos de ciclobibliotecas con Anxo Moure. Amais, durante os dous días, o Concello de Melide sorteará entre os asistentes á feira lotes de libros. Nesta mesma liña de fomento da lectura, o Concello de Melide ten tamén a disposición dos usuarios das piscinas de Furelos o servizo de bibliopiscinas, grazas ao cal se poden consultar xornais e libros en servizo de préstamo nas propias instalacións das piscinas descubertas. Dende a Concellaría de Cultura, a concelleira Conchi Castro destacou que “é unha aposta pioneira para o noso Concello, pero entendemos que os libros e a cultura non deben ficar ancorados nas grandes cidades, senón que é preciso tamén escoitar o que teñen que dicir as vilas coma Melide, nas que a actividade cultural é se cadra menos vistosa pero de gran calidade”. A Feira do Libro poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, o sábado e o domingo, que se pechará coa actuación musical de Tino Vaz, ás 21.30 horas, na Praza do Convento. Nota de prensa concello de Melide Votar favorito (63) | Visto: 1853
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons