Inicio arrow Mapa del sitio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (124 art.)
Antonio (36 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (5 art.)

Webs amigas

 


Google


Melide acollerá esta fin de semana a I Feira do Libro no Camiño de Santiago PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Antonio   
22/07/08
Dende o sábado, ás 11 da mañá –hora de apertura da feira-, poderanse visitar as casetas de librarías instaladas na praza, onde ás 12 h, a escritora Mercedes Queixas pronunciará o pregón co que quedarán inaugurados dous días dunha feira literaria pioneira en Melide.
Entre as visitas ás casetas, o Concello de Melide programou para as 13 horas do sábado a presentación da segunda novela da escritora Iria López, un prometedor talento da literatura galega que falará en Melide da súa obra Santa Matriusca.
    Será tamén no marco desta feira, o sábado, cando se realice a entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide, Os sons de Galiza, cuxos vinte e cinco finalistas, traballos en lenzo sobre bastidor, poden visitarse durante estes días no Museo da Terra de Melide. A entrega de premios deste certame de pintura dará comezo ás 18.30 horas, no Salón de Plenos do Concello.
    Para os máis pequenos, o sábado desenvolveranse talleres sobre ilustración e outros aspectos vencellados aos libros, así como unha sesión de contacontos a cargo de Santi Prego.
O equipo de goberno de Melide incluíu tamén na programación desta fin de semana varias actuacións musicais. A primeira delas, o sábado –Cantón de San Roque, 23 horas-, traerá a Melide ao grupo Sumrrá, que presentará na vila o seu terceiro traballo, co que se está a consolidar como grupo de referencia a nivel estatal pola calidade do seu jazz que conserva sempre a pegada galega.

Xornada intensa na mañá do domingo

As actividades con maior peso literario desta I Feira no Camiño de Santiago concentraranse na mañá do domingo 27. Ás 12 horas, o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, moderará unha mesa redonda na que participarán varios gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide entre os anos 2000 e 2007.
Ao seu remate, o escritor Xosé Vázquez Pintor, que recentemente deu nome á biblioteca pública municipal da vila, estará na Feira do Libro para participar nun coloquio que xirará derredor da súa obra Para dicir abril. Xunto a Vázquez Pintor, estarán Ánxela Gracián, directora da Colección Medusa de Sotelo, onde o autor melidense publicou a súa obra, e tamén a escritora cubana Yanelis Velazco, autora da tese Xosé Vázquez Pintor: a memoria que reconstrúe un mundo.
A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, avanzou que “quixemos con esta feira recoñecer o traballo das librarías de Melide, unilas nun proxecto común e dar un pulo á actividade literaria e creativa que sempre caracterizou á nosa comarca”. Así mesmo, a rexedora melidense destacou que “temos un programa ambicioso que traerá a Melide a figuras de referencia da literatura galega actual, ao tempo que queremos apostar por novos rostros e actividades que animen á xente nova a achegarse aos libros”.
Neste sentido, a Feira do Libro que organiza o Concello de Melide contará tamén o domingo con obradoiros, dirixidos polo ilustrador Xosé Tomás; contacontos coa compañía Seisdedos e contos de ciclobibliotecas con Anxo Moure. Amais, durante os dous días, o Concello de Melide sorteará entre os asistentes á feira lotes de libros. Nesta mesma liña de fomento da lectura, o Concello de Melide ten tamén a disposición dos usuarios das piscinas de Furelos o servizo de bibliopiscinas, grazas ao cal se poden consultar xornais e libros en servizo de préstamo nas propias instalacións das piscinas descubertas.
Dende a Concellaría de Cultura, a concelleira Conchi Castro destacou que “é unha aposta pioneira para o noso Concello, pero entendemos que os libros e a cultura non deben ficar ancorados nas grandes cidades, senón que é preciso tamén escoitar o que teñen que dicir as vilas coma Melide, nas que a actividade cultural é se cadra menos vistosa pero de gran calidade”.
A Feira do Libro poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, o sábado e o domingo, que se pechará coa actuación musical de Tino Vaz, ás 21.30 horas, na Praza do Convento.
Nota de prensa concello de Melide

Votar favorito (63) | Visto: 1851

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons