Semanalmente iremos incluyendo nuevas encuestas de lo más variopinta. Esperamos tu colaboración. :-)
|
Os maiores de Melide compartiron unha xornada con xogos e música na área recreativa de Furelos |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
26/06/08 |
O Concello de Melide, a través da Concellaría de Benestar, organizou no día de hoxe unha xornada lúdico-festiva para as persoas maiores do concello. Esta actividade forma parte dun amplo programa de opcións de lecer e entretemento que a concellaría que dirixe a nacionalista Casé Rodríguez ten preparadas para desenvolver cos maiores no que resta de ano. A primeira destas actividades tivo lugar durante toda a xornada de hoxe, e estivo centrada na área recreativa de Furelos.
Ás once da mañá, o grupo que participou na xornada comezou unha camiñata dende o casco urbano de Melide pasando pola parroquia de Santa María, para chegar a media mañá a Furelos, onde tiveron a ocasión de participar en xogos de mesa, como as cartas e o parchís, e tamén en xogos tradicionais, de grande éxito entre a xente maior: a rá, a petanca, a chave, o aros, o trompo,... Casé Rodríguez, que acompañou aos maiores nesta xornada tan especial, destacou a importancia de “promover actividades ao aire libre e que impliquen exercicio físico, pois ao tempo que se busca o divertimento, contribuímos tamén a mellorar a saúde dos nosos maiores”. A área recreativa de Furelos foi tamén o lugar escollido para o xantar, ao que seguiu unha sesión de música que se prolongou ata pasadas as sete da tarde. A concelleira Casé Rodríguez, encargada de coordinar as actividades cos maiores, afirmou sentirse “satisfeita polo desenvolvemento desta xornada diferente”, e insistiu en que “un dos obxectivos do goberno local é facer máis agradable o día a día dos nosos maiores, e este tipo de propostas de música, xogos e convivencia son sempre ben recibidas”. Dende a Concellaría de Benestar, avanzouse que esta xornada non foi unha acción illada, senón a primeira dunha serie de propostas que se coordinarán dende o Concello para as persoas maiores, e que inclúen excursións, actividades ao aire libre, actividades deportivas e de mellora da saúde, e sobre todo o fomento da convivencia a través de xornadas compartidas. Nota de prensa concello de Melide.
Votar favorito (71) | Visto: 2166
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 26/06/08 )
|