Inicio arrow Directorio local arrow Eventos arrow MELIDE DESPEDIU UN ENTROIDO HISTÓRICO COA PRAZA DAS COLES ATEIGADA PARA A QUEIMA DO BONECO

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (122 art.)
Antonio (35 art.)
anxo (10 art.)
El enterrador (4 art.)
gelines (30 art.)
san benito (1 art.)
Thor (3 art.)
Xiri (5 art.)

Webs amigas

 


Google
Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
Puedes enviarnos tu enlace o enlaces a la dirección de correo webxoven@gmail.com y lo incluiremos a la mayor brevedad.


MELIDE DESPEDIU UN ENTROIDO HISTÓRICO COA PRAZA DAS COLES ATEIGADA PARA A QUEIMA DO BONECO PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
08/02/08
Había moitos anos que o Entroido non se vivía en Melide coa intensidade coa que o fixo este ano. O martes de Entroido foi o colofón á recuperación dunha tradición para a que este ano supuxo o arranque e que promete manterse no tempo e na memoria de todos os melidenses.
Os máis pequenos encheron o Cantón de San Roque dende as 6 da tarde do martes, para participar do show dos pallasos, que os animou a formar parte das coreografías musicais máis divertidas.

Pero o momento máis agardado, e que non defraudou a ninguén, foi o paseo do Entroido ata a praza das Coles, onde había ser queimado.
Dous pregoeiros vestidos para a ocasión leron o pregón no que se repasaba con sorna e bo humor a actualidade do pobo no último ano. Contra as 9 da noite, a praza das Coles rexistraba un cheo histórico e emocionante que ha tardar moitos anos en borrarse do corazón dos melidenses.
Grandes e pequenos, familias enteiras disfrazadas, acompañaban a música das gaitas e da charanga que enchoupaban co seu ritmo as últimas horas de Entroido en Melide.
A espectacular queima do boneco foi o momento máis agardado. Derredor do cabezudo foise abrindo a roda dos espectadores para facer sitio ao lume, e gardar da chama os últimos coletazos do Entroido.
Mais a festa non se apagou canda o lume. Todo o contrario. Os nenos pasaron primeiro a recoller batidos, refrescos e rosquillas que o Concello tiña dispostos en bolsas individuais para cada un deles. E despois foi a quenda dos maiores: filloas, caldo limpo, viño e queimada ofrecéronse nunha barra improvisada polo Concello, na que repoñer forzas e continuar a festa que guiaba a música da charanga.
Os pregoeiros volveron subir ao palco para anunciar os nomes dos premiados cos mellores disfraces, tanto individuais como en comparsas, que recibiron un convite para degustar un cocido nun restaurante da vila.

Tamén se sorteou unha cesta con produtos típicos do Entroido entre todos os asistentes, que axiña atopou o seu dono.
Este foi, en fin, o ano da recuperación do Entroido en Melide, a volta da sorna, dos disfraces, da praza ateigada de xente disposta a queimar as súas tristuras no lume do boneco.
Por iso, o goberno de Melide quere dar as grazas a todos os veciños e veciñas que participaron desta festa e que fixeron posible que este fose un Entroido memorable. O primeiro dunha tradición que volve coller pulo grazas a todo o pobo.
Fonte:
Concello de Melide
    
    


Votar favorito (79) | Visto: 3009

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

Modificado el ( 08/02/08 )
 
< Anterior

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons