|
II Premio Graffiti
|
| (15/10/08) escrito por Antonio |
| Para participar na modalidade do libro web, o alumnado dispoñerá dunha
ferramenta que se encontra na web habilitada pola Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/contidos/libros , para concursar na modalidade graffiti hai que reunir estes requisitos:
Destinatarios:
3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional.
Prazo de presentación:
Ata o 15 de novembro de 2008 ás 15:00 horas.
Solicitude de participación:
Cada centro educativo interesado en participar deberá completar o
formulario de participación e cubrir todos os campos obrigatorios.
O documento no que se presente deseño do graffiti deberá cumprir os criterios especificados:
· Tamaño máximo: 1,5 MB
· Formato: JPG ou PDF
Ademais, deberase indicar as necesidades dos materiais precisos para a
realización do graffiti, que proporcionará a Dirección Xeral de
Xuventude e Solidariedade.
Premios:
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade concederá un premio a un
centro educativo por provincia. O premio consistirá na participación no
programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado
ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no
Albergue Xuvenil As Sinas, en concreto, no subprograma "Da Areagorda ao
Mar Maior".
Criterios de valoración:
A comisión seleccionará os traballos premiados tendo en conta os seguintes aspectos:
· Estética.
· Traballo colaborativo.
· Traballo previo e posterior de aula.
· Que se traballen os contidos voluntarios a través de intervención artística
Resolución:
A decisión do xurado farase pública na segunda quincena de novembro nesta páxina web http://www.voluntariadogalego.org/graffiti .
O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con
anterioridade ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado. Fonte voluntariadogalego.org |
|
Innovación e Industria subvencionará a adquisición de ordenadores para traballadores autónomos
|
| (08/10/08) escrito por Antonio |
| A partir de mañán 9 de outubro, os traballadores autónomos de Galicia xa poderán pedir axudas para a adquisición de ordenadores con Linux, OpenOffice e Mozilla Firefox. Non serán subvencionábeis licencias de software adicional, outros periféricos ou outro tipo de dispositivos distintos do ordenador. A axuda acadará o 45% do investimento, cun límite máximo de 350 euros por solicitante . Documentación: * Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. * Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. * Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE. * Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses. A concesión da subvención será inmediata. Esta é a lista de empresas colaboradoras: DOG 8 de outubro . |
|
Nueva edición del Concurso Salud Activa, organizado por el Instituto de la juventud Injuve
|
| (01/10/08) escrito por Antonio |
| Un año más, podreis inscribiros en una nueva edición del concurso Salud Activa, organizado por el Instituto de la Juventud, Injuve. Deberás dirigir la vida de un personaje para realizar tareas diarias: deporte, dormir, comer... Para jóvenes entre 10 y 18 años . Inscríbete y podrás ganar MP3, Ipods y material didáctico. Plazo de inscripción, hasta el 3 de noviembre de 2008. Más info en: www.saludactiva.com n |
|
Fiestas de San Froilán 2008. Lugo
|
| (22/09/08) escrito por Antonio |
| ¿Os gusta el San Froilán?. Buenas fiestas pardiez!!!! Os dejamos el programa en el que destacan entre otros: Dóver, Diego El Cigala, Los Suaves, Violadores del verso, Melendi, El Canto del Loco , etc. Buen comer, buen beber y buenos/as mozos/as!!! No lo olvideis, del 4 al 12 de octubre de 2008 en Lugo. Fiesta declarada de interés turístico nacional. + info en www.sanfroilan.info Programa compleo: DATA
CONCERTO
HORARIO
LUGAR
4 de Outubro
Julieta Venegas
22:30
Praza Horta Seminario
5 de Outubro
Luar na Lubre
20:15
Praza Santa María
5 de Outubro
Dover
22:30
Praza Horta Seminario
6 de Outubro
Conchita
20:30
Praza Santa María
6 de Outubro
Los Suaves
22:30
Praza Horta Seminario
7 de Outubro
Diego, El Cigala
20:15
Praza Santa María
7 de Outubro
The Cabriolets
22:00
Praza Horta Seminario
8 de Outubro
Pedro Guerra
20:15
Praza Santa María
8 de Outubro
Violadores del verso
22:00
Praza Horta Seminario
9 de Outubro
Tirri Tarra con la Coral del Xeral Calde
20:30
Praza Horta Seminario
9 de Outubro
Psicolepsia, Kimuru y Hollywater
21:00
Praza Horta Seminario
10 de Outubro
Batital y Kentokaki
18:30
Praza Santa María
10 de Outubro
Facto delafé y las flores azules, Pastora, Safari Orquestra y Doctor Think
21:00
Praza Horta Seminario
11 de Outubro
Festival de Folklore Tradicional
18:00
Praza Santa María
11 de Outubro
El Canto del Loco
(No gratis)
21:00
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
(Apertura de portas sobre as 19:00)
11 de Outubro
Def Con Dos, The Ellas y Miguel Costas con Germán Coppini
22:00
Plaza Huerta Seminario
12 de Outubro
Melendi
22:00
Plaza Huerta Seminario |
|
Chanchullos Made in Melide: 6 profesores contratados para Conservatorio de Música nunca deron clase
|
| (20/09/08) escrito por Antonio |
| O Concello de Melide descobre que seis profesores contratados para o Conservatorio de Música nunca deron clase no mesmo Estas seis persoas eran contratadas ano tras ano polo Concello de Melide para impartir clase no Conservatorio, pero en realidade facían traballos unicamente para a Orquestra Sinfónica de Melide. O Concello de Melide gastou 53.000 euros o curso pasado na contratación destas seis persoas que nunca deron clase. O Conservatorio Municipal de Melide está sendo obxecto de polémica nas últimas semanas debido a que o actual equipo de goberno decidiu aclarar o funcionamento do mesmo e mellorar o seu servizo. Dende o ano pasado, foron moitas as queixas que chegaron ao Concello por parte de alumnos e pais referentes ao funcionamento do mesmo. As queixas máis reiteradas eran que boa parte do alumnado estaba tendo menos horas de clase das debidas, que moitos profesores impartían clase de instrumentos para os que non estaban contratados, que a Banda de música estaba moi desatendida, que non se potenciaban determinados instrumentos, que varios alumnos marchaban a conservatorios de outros concellos veciños, etcétera. A opinión maioritaria dos pais dos alumnos era que a Directiva do Conservatorio estaba máis preocupada pola Orquestra Sinfónica de Melide que polo Conservatorio Municipal. Diante destas queixas, o actual equipo de goberno decidiu chegar ata o fondo da cuestión e saber que vén ocorrendo no Conservatorio dende hai anos. A primeira conclusión á que chegou o equipo de goberno hai uns meses é que un total de seis persoas contratadas ano tras ano como profesores e monitores de música para impartir clase no Conservatorio Municipal de Melide nunca desempeñaron dita función. Trátase de músicos que recibían un soldo mensual do Concello de Melide para impartir clase no conservatorio e, nembargante, en vez de desempeñar a función para a que foran contratados, desenvolvían tarefas para a Orquestra Sinfónica e tocaban na mesma. Desta maneira, o goberno melidense constatou tamén que había cinco profesores contratados polo concello para impartir violín, cando esta materia só a imparte dende hai anos unha única profesora no Conservatorio. A consecuencia disto, o goberno melidense decidiu sacar a concurso para o curso 2008-2009 un total de 11 prazas de profesor en vez de 17 prazas (trece de profesor e catro de monitor) que viña convocando en anos anteriores. Dicir tamén que todos os concursos celebrados en anos anteriores para a contratación do profesorado para o Conservatorio recibían sempre críticas por parte dos servizos de Secretaría e Intervención municipais, pois chamáballes a atención que sempre se presentaran o mesmo número de aspirantes que prazas se ofertaban ou que se ofrecesen salarios distintos a profesores por unha mesma tarefa. Nesta ocasión, presentáronse un total de 53 músicos para cubrir 11 prazas do Conservatorio para o curso 2008-2009. Os exames tiveron lugar na xornada do venres e continuarán o luns.. CARTOS PÚBLICOS PARA FINS PRIVADOS A contratación deses tres profesores e tres monitores supuxo un gasto para o Concello de Melide o curso pasado de 52.382 euros, cando ningún deles impartiu clases no Conservatorio. Diante deses datos considerados graves polo goberno melidense, decidiuse actuar, pois entende que o concello non pode contratar e pagar con cartos públicos a persoas que traballan para unha asociación privada como é o caso da Asociación Cultural e Musical Melidá, á que pertence a Orquestra Sinfónica de Melide e a Banda Municipal. Diante da confusión e polémica creadas nas últimas semanas por parte da Dirección do Conservatorio, tentando facer crer á cidadanía que o actual goberno melidense eliminaba seis prazas de profesor e que, en consecuencia, non se impartirían determinadas materias no vindeiro curso, tivo lugar unha charla informativa organizada polo goberno municipal á que asistiron as familias do alumnado e que encheron a sala de conferencias do Edificio Multiusos para escoitar a información oficial respecto a esta cuestión. Nestes intres están desenvolvéndose as probas a máis de 50 aspirantes para ocupar as 11 prazas de profesor que, nun principio, se ofertan para o presente curso no Conservatorio de Melide. O goberno local amosa o total apoio ao Conservatorio de Grao Medio e amosa o seu convencemento de que todas estas actuacións e investigacións serán beneficiosas para un mellor funcionamento do Conservatorio municipal e para un mellor control do gasto público. Fonte da nova boletín municipal |
|
Dos camiones de leche arden "por causas desconocidas" en Melide
|
| (19/09/08) escrito por Antonio |
| Dos camiones de leche han ardido durante esta madrugada en Melide. Según fuentes del Servizo de Emerxencias-112, a la 1.36 recibieron un aviso de que un camión estaba ardiendo al lado de una granja de leche en el lugar de San Cosme. Al lugar se desplazó la Guardia Civil de A Coruña, los Bomberos de Arzúa y Protección Civil de Melide. Uno de los dos camiones en llamas perdió su cabina debido al fuego, mientras que el otro "todavía podría salvarse" ya que, parece que el fuego se inició debido a un cortocircuito en uno de los vehículos y se propagó hasta el aparcado a su lado. Al respecto, fuentes de Protección Civil de Melide explicaron que el incendio del camión "podría deberse a un cortocircuito", aunque matizaron que "es un poco raro", puesto que "llevaba seis horas aparcado". De momento, las causas del incendio se desconocen. A pesar de que los efectivos desplazados al lugar consiguieron controlar el incendio media hora después de su inicio, a las 2.07 minutos después tuvo que presentarse una ambulancia asistencial con el fin de trasladar al dueño de los camiones al centro de salud con una intoxicación por humo. No obstante, su estado no reviste gravedad. Fuente adn.es |
|
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca
|
| (14/09/08) escrito por Antonio |
| A Consellería de Medio Ambiente abriu o período de presentación das
solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca nos coutos para a
tempada 2009. As solicitudes, tanto individuais como en grupo (máximo
de tres solicitantes), poderán realizarse ata 30 de setembro , segundo
aparece publicado no DOG do 22 de agosto de 2008.
Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciais
da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp . Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/ .
Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinatura
e a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débese
introducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixente
ou calquera de anos anteriores). A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina web
coa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listas
terán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro.
Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, que
se realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciais
de Conservación da Natureza.
Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerán
grupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro de
anuncios das delegacións provinciais e na web.
Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nos
prazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla,
que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes deste
proceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais de
conservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada
couto de pesca.
No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, os
permisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizo
provincial. Vía xunta.es |
|
IV concurso de maquetas Jack Daniel's Backstage
|
| (09/09/08) escrito por Antonio |
| Si tienes una banda de música, no dejes pasar esta oportunidad de participar con tu maqueta. Jack Daniel's Backstage es ya un referente en el panorama musical para aquellos grupos que quieren hacerse un hueco en el dificil 'hall' de la fama. Las fiestas Backstage comenzarán en octubre en las principales ciudades de España. Para saber más y registrarte entra en www.jackdanielsbackstage.com |
|
El otro Melide en Suiza
|
| (22/08/08) escrito por Antonio |
| Existe otro Melide en Suiza, un precioso municipio en el distrito de Lugano, en el cantón de Ticino, en Suiza. El pueblo se encuentra muy cerca del Monte San Salvatore y a orillas del famoso lago Lugano. Melide es famoso por su Swissminiatur , un museo dedicado a miniaturas de edificios típicos del país. Saludos a los melidenses de Suiza. Os dejamos el mapa del pueblo de Melide. Para saber más: www.melide.ch www.swissminiatur.ch www.panoramio.com/map/#lt=45.95452&ln=8.947209&z=4&k=2&a=1 www.melidestate.ch Ver mapa más grande |
|
II Feira de oportunidades Mercamelide
|
| (19/08/08) escrito por Antonio |
| Sábado 23 e domingo 24 de agosto de 2008, de 11:00h a 20:00h no Pazo de Congresos de Melide. Unha feira de artigos de calidade a prezos reducidos. Artigos de regalo, calzado, confección e moda, complementos, fogar, decoración, deportes, ferretería, lencería, menaxe, mercería, moble, fotografía, ópcita, perfumería, textil... Haberá ademáis obradoiros e xogos para os nenos. |