| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (118 art.) | |
| Antonio (33 art.) | |
| anxo (10 art.) | |
| El enterrador (4 art.) | |
| gelines (30 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) |
![]() | 311 registrados |
![]() | 0 hoy |
![]() | 4 esta semana |
![]() | 39 este mes |
![]() | Ultimo: aia |
| Comeza en Santiago o FSGAL; o Foro Social Galego | |||
| (18/11/08) escrito por Antonio | |||
| O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008 , un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Prá en Brasil. O Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo. O lema: Pensar e construir alternativas desde Galiza . Máis de 100 adhesións, 12 debates autoxestionados por 32 movementos sociais, 2 debates plenarios, 10 horas de audiovisuais, presentación de 14 publicacións e campañas reivindicativas; concertos, actividades culturais, feira de asociacións, asemblea de movementos sociais. + info en www.forosocialgalego.org | |||
| Remata o prazo para solicitar a subvención para a adquisición de ordenadores a autónomos | |||
| (06/11/08) escrito por Antonio | |||
| O día 10 de novembro remata o prazo para solicitar a subvención para a adquisición de ordenadores Desta axuda poderán beneficiarse todas as traballadoras e traballadores autónomos dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social. Poderán solicitar e beneficiarse destas axudas os traballadores por conta propia de Galiza, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no I.A.E. para a súa actividade económica en Galiza, agás os comerciantes retallistas, dado que existen liñas de axuda desta consellería específicas para ese colectivo e para os mesmos investimentos. O investimento irá destinado á adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa con sistema operativo LINUX e aplicativos en software libre: OpenOffice e Mozilla Firefox. A concesión da subvención será inmediata. Esta é a lista de empresas colaboradoras: DOG 8 de outubro . Non se considera subvencionábel a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc). A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionábel, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante . O investimento subvencionábel determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñíbel, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser achegado na súa totalidade polo beneficiario. As subvencións tramítanse directamente a través dos provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento desta liña de axudas (ver listaxe de entidades colaboradoras ) Os traballadores autónomos que queiran solicitar unha destas subvencións deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación: a) Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. c) Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE. d) Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses. A concesión da subvención será inmediata no caso de que o solicitante cumpra con todos os requisitos para ser beneficiario, e o crédito total destinado a esta liña de axudas non estea esgotado. As solicitudes de axuda poderanse presentar na entidades colaboradoras a partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto que son: 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no ano 2009. Esta axuda conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Para máis información dirixirse a: Consellería de Innovación e Industria Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información Edificio Administrativo San Caetano, s/n bloque 5 – 4ª andar 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) Tlfno: 981 545 583 E-mail: axudas.dxpisi@xunta.es Orde do DOGA onde se recolle a subvención Fonte da nova sociedadedainformacion.eu | |||
| Oposiciones Guardia Civil 2008. Fecha Primer examen | |||
| (04/11/08) escrito por Antonio | |||
| Con fecha 29 de octubre de 2008, han sido publicadas las listas provisionales y la fecha del primer examen a Guardia Civil 2008. Los que esteis excluidos teneis 10 días hábiles para subsanar errores contados a partir del día siguiente a la publicación de la resolución en el BOE. El lugar del examen para La Coruña, Lugo, Ourense y Pontevedra es en Silleda en el Recinto Ferial a las 7.30 h del 15 de noviembre de 2008 . + info en www.boe.es/boe/dias/2008/10/29/pdfs/A42817-42832.pdf | |||
| VI CONCURSO DE TEATRO NAVIDEÑO 2008 | |||
| (27/10/08) escrito por Antonio | |||
| El Corte Inglés de Galicia, en colaboración con las asociaciones Xestal, Aboal y Ronsel, convoca el VI concurso de teatro navideño en dos fases, una local y otra regional que tendrán lugar el día 12 y el día 19 de diciembre. Fase Local: viernes 12 de diciembre a las 17.00 hrs. Fase Regional: viernes 19 de diciembre a las 18.00 hrs. Premios: Categoría infantil: 1º.-Trofeo + Tarjeta regalo de 150 € 2º.-Trofeo + Tarjeta regalo de 125 € 3º.- Trofeo + Tarjeta regalo de 100€ Categoría juvenil: 1º.-Trofeo + Tarjeta regalo de 150 € 2º.-Trofeo + Tarjeta regalo de 125 € 3º.- Trofeo + Tarjeta regalo de 100€ FASE REGIONAL Ganador Categoría infantil: Tarjeta regalo 200 € Ganador Categoría juvenil: Tarjeta regalo 200 (Bases) | |||
| II Premio Graffiti | |||
| (15/10/08) escrito por Antonio | |||
| Para participar na modalidade do libro web, o alumnado dispoñerá dunha ferramenta que se encontra na web habilitada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/contidos/libros , para concursar na modalidade graffiti hai que reunir estes requisitos: Destinatarios: 3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional. Prazo de presentación: Ata o 15 de novembro de 2008 ás 15:00 horas. Solicitude de participación: Cada centro educativo interesado en participar deberá completar o formulario de participación e cubrir todos os campos obrigatorios. O documento no que se presente deseño do graffiti deberá cumprir os criterios especificados: · Tamaño máximo: 1,5 MB · Formato: JPG ou PDF Ademais, deberase indicar as necesidades dos materiais precisos para a realización do graffiti, que proporcionará a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Premios: A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade concederá un premio a un centro educativo por provincia. O premio consistirá na participación no programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no Albergue Xuvenil As Sinas, en concreto, no subprograma "Da Areagorda ao Mar Maior". Criterios de valoración: A comisión seleccionará os traballos premiados tendo en conta os seguintes aspectos: · Estética. · Traballo colaborativo. · Traballo previo e posterior de aula. · Que se traballen os contidos voluntarios a través de intervención artística Resolución: A decisión do xurado farase pública na segunda quincena de novembro nesta páxina web http://www.voluntariadogalego.org/graffiti . O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con anterioridade ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado. Fonte voluntariadogalego.org | |||
| Nueva edición del Concurso Salud Activa, organizado por el Instituto de la juventud Injuve | |||
| (01/10/08) escrito por Antonio | |||
| Un año más, podreis inscribiros en una nueva edición del concurso Salud Activa, organizado por el Instituto de la Juventud, Injuve. Deberás dirigir la vida de un personaje para realizar tareas diarias: deporte, dormir, comer... Para jóvenes entre 10 y 18 años . Inscríbete y podrás ganar MP3, Ipods y material didáctico. Plazo de inscripción, hasta el 3 de noviembre de 2008. Más info en: www.saludactiva.com n | |||
| Fiestas de San Froilán 2008. Lugo | |||
| (22/09/08) escrito por Antonio | |||
| ¿Os gusta el San Froilán?. Buenas fiestas pardiez!!!! Os dejamos el programa en el que destacan entre otros: Dóver, Diego El Cigala, Los Suaves, Violadores del verso, Melendi, El Canto del Loco , etc. Buen comer, buen beber y buenos/as mozos/as!!! No lo olvideis, del 4 al 12 de octubre de 2008 en Lugo. Fiesta declarada de interés turístico nacional. + info en www.sanfroilan.info Programa compleo: DATA CONCERTO HORARIO LUGAR 4 de Outubro Julieta Venegas 22:30 Praza Horta Seminario 5 de Outubro Luar na Lubre 20:15 Praza Santa María 5 de Outubro Dover 22:30 Praza Horta Seminario 6 de Outubro Conchita 20:30 Praza Santa María 6 de Outubro Los Suaves 22:30 Praza Horta Seminario 7 de Outubro Diego, El Cigala 20:15 Praza Santa María 7 de Outubro The Cabriolets 22:00 Praza Horta Seminario 8 de Outubro Pedro Guerra 20:15 Praza Santa María 8 de Outubro Violadores del verso 22:00 Praza Horta Seminario 9 de Outubro Tirri Tarra con la Coral del Xeral Calde 20:30 Praza Horta Seminario 9 de Outubro Psicolepsia, Kimuru y Hollywater 21:00 Praza Horta Seminario 10 de Outubro Batital y Kentokaki 18:30 Praza Santa María 10 de Outubro Facto delafé y las flores azules, Pastora, Safari Orquestra y Doctor Think 21:00 Praza Horta Seminario 11 de Outubro Festival de Folklore Tradicional 18:00 Praza Santa María 11 de Outubro El Canto del Loco (No gratis) 21:00 Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Apertura de portas sobre as 19:00) 11 de Outubro Def Con Dos, The Ellas y Miguel Costas con Germán Coppini 22:00 Plaza Huerta Seminario 12 de Outubro Melendi 22:00 Plaza Huerta Seminario | |||
| Chanchullos Made in Melide: 6 profesores contratados para Conservatorio de Música nunca deron clase | |||
| (20/09/08) escrito por Antonio | |||
| O Concello de Melide descobre que seis profesores contratados para o Conservatorio de Música nunca deron clase no mesmo Estas seis persoas eran contratadas ano tras ano polo Concello de Melide para impartir clase no Conservatorio, pero en realidade facían traballos unicamente para a Orquestra Sinfónica de Melide. O Concello de Melide gastou 53.000 euros o curso pasado na contratación destas seis persoas que nunca deron clase. O Conservatorio Municipal de Melide está sendo obxecto de polémica nas últimas semanas debido a que o actual equipo de goberno decidiu aclarar o funcionamento do mesmo e mellorar o seu servizo. Dende o ano pasado, foron moitas as queixas que chegaron ao Concello por parte de alumnos e pais referentes ao funcionamento do mesmo. As queixas máis reiteradas eran que boa parte do alumnado estaba tendo menos horas de clase das debidas, que moitos profesores impartían clase de instrumentos para os que non estaban contratados, que a Banda de música estaba moi desatendida, que non se potenciaban determinados instrumentos, que varios alumnos marchaban a conservatorios de outros concellos veciños, etcétera. A opinión maioritaria dos pais dos alumnos era que a Directiva do Conservatorio estaba máis preocupada pola Orquestra Sinfónica de Melide que polo Conservatorio Municipal. Diante destas queixas, o actual equipo de goberno decidiu chegar ata o fondo da cuestión e saber que vén ocorrendo no Conservatorio dende hai anos. A primeira conclusión á que chegou o equipo de goberno hai uns meses é que un total de seis persoas contratadas ano tras ano como profesores e monitores de música para impartir clase no Conservatorio Municipal de Melide nunca desempeñaron dita función. Trátase de músicos que recibían un soldo mensual do Concello de Melide para impartir clase no conservatorio e, nembargante, en vez de desempeñar a función para a que foran contratados, desenvolvían tarefas para a Orquestra Sinfónica e tocaban na mesma. Desta maneira, o goberno melidense constatou tamén que había cinco profesores contratados polo concello para impartir violín, cando esta materia só a imparte dende hai anos unha única profesora no Conservatorio. A consecuencia disto, o goberno melidense decidiu sacar a concurso para o curso 2008-2009 un total de 11 prazas de profesor en vez de 17 prazas (trece de profesor e catro de monitor) que viña convocando en anos anteriores. Dicir tamén que todos os concursos celebrados en anos anteriores para a contratación do profesorado para o Conservatorio recibían sempre críticas por parte dos servizos de Secretaría e Intervención municipais, pois chamáballes a atención que sempre se presentaran o mesmo número de aspirantes que prazas se ofertaban ou que se ofrecesen salarios distintos a profesores por unha mesma tarefa. Nesta ocasión, presentáronse un total de 53 músicos para cubrir 11 prazas do Conservatorio para o curso 2008-2009. Os exames tiveron lugar na xornada do venres e continuarán o luns.. CARTOS PÚBLICOS PARA FINS PRIVADOS A contratación deses tres profesores e tres monitores supuxo un gasto para o Concello de Melide o curso pasado de 52.382 euros, cando ningún deles impartiu clases no Conservatorio. Diante deses datos considerados graves polo goberno melidense, decidiuse actuar, pois entende que o concello non pode contratar e pagar con cartos públicos a persoas que traballan para unha asociación privada como é o caso da Asociación Cultural e Musical Melidá, á que pertence a Orquestra Sinfónica de Melide e a Banda Municipal. Diante da confusión e polémica creadas nas últimas semanas por parte da Dirección do Conservatorio, tentando facer crer á cidadanía que o actual goberno melidense eliminaba seis prazas de profesor e que, en consecuencia, non se impartirían determinadas materias no vindeiro curso, tivo lugar unha charla informativa organizada polo goberno municipal á que asistiron as familias do alumnado e que encheron a sala de conferencias do Edificio Multiusos para escoitar a información oficial respecto a esta cuestión. Nestes intres están desenvolvéndose as probas a máis de 50 aspirantes para ocupar as 11 prazas de profesor que, nun principio, se ofertan para o presente curso no Conservatorio de Melide. O goberno local amosa o total apoio ao Conservatorio de Grao Medio e amosa o seu convencemento de que todas estas actuacións e investigacións serán beneficiosas para un mellor funcionamento do Conservatorio municipal e para un mellor control do gasto público. Fonte da nova boletín municipal | |||
| Dos camiones de leche arden "por causas desconocidas" en Melide | |||
| (19/09/08) escrito por Antonio | |||
| Dos camiones de leche han ardido durante esta madrugada en Melide. Según fuentes del Servizo de Emerxencias-112, a la 1.36 recibieron un aviso de que un camión estaba ardiendo al lado de una granja de leche en el lugar de San Cosme. Al lugar se desplazó la Guardia Civil de A Coruña, los Bomberos de Arzúa y Protección Civil de Melide. Uno de los dos camiones en llamas perdió su cabina debido al fuego, mientras que el otro "todavía podría salvarse" ya que, parece que el fuego se inició debido a un cortocircuito en uno de los vehículos y se propagó hasta el aparcado a su lado. Al respecto, fuentes de Protección Civil de Melide explicaron que el incendio del camión "podría deberse a un cortocircuito", aunque matizaron que "es un poco raro", puesto que "llevaba seis horas aparcado". De momento, las causas del incendio se desconocen. A pesar de que los efectivos desplazados al lugar consiguieron controlar el incendio media hora después de su inicio, a las 2.07 minutos después tuvo que presentarse una ambulancia asistencial con el fin de trasladar al dueño de los camiones al centro de salud con una intoxicación por humo. No obstante, su estado no reviste gravedad. Fuente adn.es | |||
| Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca | |||
| (14/09/08) escrito por Antonio | |||
| A Consellería de Medio Ambiente abriu o período de presentación das solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca nos coutos para a tempada 2009. As solicitudes, tanto individuais como en grupo (máximo de tres solicitantes), poderán realizarse ata 30 de setembro , segundo aparece publicado no DOG do 22 de agosto de 2008. Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp . Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/ . Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinatura e a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débese introducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixente ou calquera de anos anteriores). A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina web coa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listas terán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro. Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, que se realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerán grupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais e na web. Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nos prazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla, que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes deste proceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais de conservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca. No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizo provincial. Vía xunta.es | |||
| IV concurso de maquetas Jack Daniel's Backstage | |||
| (09/09/08) escrito por Antonio | |||
| Si tienes una banda de música, no dejes pasar esta oportunidad de participar con tu maqueta. Jack Daniel's Backstage es ya un referente en el panorama musical para aquellos grupos que quieren hacerse un hueco en el dificil 'hall' de la fama. Las fiestas Backstage comenzarán en octubre en las principales ciudades de España. Para saber más y registrarte entra en www.jackdanielsbackstage.com | |||
| El otro Melide en Suiza | |||
| (22/08/08) escrito por Antonio | |||
| Existe otro Melide en Suiza, un precioso municipio en el distrito de Lugano, en el cantón de Ticino, en Suiza. El pueblo se encuentra muy cerca del Monte San Salvatore y a orillas del famoso lago Lugano. Melide es famoso por su Swissminiatur , un museo dedicado a miniaturas de edificios típicos del país. Saludos a los melidenses de Suiza. Os dejamos el mapa del pueblo de Melide. Para saber más: www.melide.ch www.swissminiatur.ch www.panoramio.com/map/#lt=45.95452&ln=8.947209&z=4&k=2&a=1 www.melidestate.ch Ver mapa más grande | |||
| II Feira de oportunidades Mercamelide | |||
| (19/08/08) escrito por Antonio | |||
| Sábado 23 e domingo 24 de agosto de 2008, de 11:00h a 20:00h no Pazo de Congresos de Melide. Unha feira de artigos de calidade a prezos reducidos. Artigos de regalo, calzado, confección e moda, complementos, fogar, decoración, deportes, ferretería, lencería, menaxe, mercería, moble, fotografía, ópcita, perfumería, textil... Haberá ademáis obradoiros e xogos para os nenos. | |||
| Bolsas de aluguer a vivenda para estudantes de FP no curso 2008-2009 . Bono vivenda. Becas FP | |||
| (07/08/08) escrito por Antonio | |||
| A Consellería de Vivenda e Solo na Orde do 2 de xullo de 2008 (DOG do 8 de xullo de 2008) establece as bases reguladoras e convoca a concesión de bolsas para o acceso en alugueiro a vivenda para estudantes de ciclos formativos da formación profesiona l inicial do curso 2008-2009. Concederase un máximo de 2.000 euros a cada beneficiario. Desde o 15 de xullo ata o 30 de setembro. + info en: www.conselleriavivenda.xunta.es no teléfono 981-541982 ou en http://conselleriavivenda.xunta.es/web/paraquen/59 | |||
| Haberá cabezudos nas festas de San Roque de Melide | |||
| (31/07/08) escrito por Antonio | |||
| O Concello de Melide recuperará a través dun obradoiro a tradición dos cabezudos nas festas do San Roque. Os obradoiros están abertos a todas as persoas maiores de catorce anos que desexen facelo de xeito gratuito, simplemente con inscribirse no concello. Dende este venres e ata o día 13 de agosto, os veciños interesados poderedes deseñar os vosos propios cabezudos. Deberedes inscribirvos no departamento de Cultura do Concello. | |||
| Un camión de alquitrán cae al río Catasol en Melide | |||
| (28/07/08) escrito por Antonio | |||
| Un camión de la empresa Manfor S.L., cargado de alquitrán cayó este lunes al río Catasol, en Melide, vertiendo parte de su carga al cauce fluvial. El siniestro ocurrió en torno a las 11,00 horas. Desde el ayuntamiento de la localidad coruñesa se alertó al 112, y Protección Civil se desplazó al lugar del accidente para comprobar el alcance de los daños. El vehículo había volcado lateralmente sobre el río y vertió buena parte de las 6 toneladas de alquitrán líquido que portaba. El escaso cauce y la maleza, que actuó como barrera, impidieron que la mancha negra alcanzase el río Furelo, del que el Catasol es afluente. No obstante, el vertido afectó a la fauna del río. A los pocos minutos del vuelco, ya flotaban en el agua las primeras truchas muertas. El propietario corre con los gastos El propietario de la empresa del camión se hizo cargo para realizar la limpieza del río y se habilitaron medidas para limpiar el cauce. El vehículo fue retirado del lugar con la ayuda de una grúa de gran tonelaje pocas horas después del siniestro y personal del concello de Melide y de la empresa propietaria del camión está realizando labores de limpieza en la zona. En el siniestro no se registraron heridos, si bien el 112 movilizó a los bomberos de Arzúa, la Guardia Civil y dio aviso a Augas de Galicia. Según fuentes de Medio Ambiente, el personal técnico realizó una inspección visual que, en principio, apunta a que la contaminación derivada del siniestro es reducida. No obstante, se están realizando los análisis pertinentes para determinar la afección real sobre el cauce y en las márgentes del río. Noticia de galiciae.com | |||
| CONVOCADA LA IV EDICIÓN DEL PREMIO IDEAS | |||
| (23/07/08) escrito por Antonio | |||
| La Fundación Una Galicia Moderna, convoca el Premio Ideas -que alcanza de este modo su cuarta edición- con el fin de incentivar el pensamiento creativo de los jóvenes emprendedores gallegos, ofreciendo un total de 9.000 euros para las mejores ideas empresariales. El primer premio, en memoria de María José Jose Santos, tendrá una dotación de 6.000 euros y, con el fin de reconocer las aportaciones de mayor relieve, se concederán dos galardones más dotados con 2.000 y 1.000 euros respectivamente. El plazo para la presentación de los proyectos se abrirá el próximo día 1 de septiembre y concluirá el 3 de octubre a las 15:00 horas. La decisión del Jurado designado por el Patronato de la Fundación Una Galicia Moderna se emitirá en el último trimestre del año y la entrega se llevará a cabo al igual que en las convocatorias precedentes en un acto público. Fundación Una Galicia Moderna R/Caballeros 29, 1º 15009 A Coruña Tlf. 981 154 325 fundacion@unagaliciamoderna.com + info en www.unagaliciamoderna.com | |||
| Melide acollerá esta fin de semana a I Feira do Libro no Camiño de Santiago | |||
| (22/07/08) escrito por Antonio | |||
| Dende o sábado, ás 11 da mañá –hora de apertura da feira-, poderanse visitar as casetas de librarías instaladas na praza, onde ás 12 h, a escritora Mercedes Queixas pronunciará o pregón co que quedarán inaugurados dous días dunha feira literaria pioneira en Melide. Entre as visitas ás casetas, o Concello de Melide programou para as 13 horas do sábado a presentación da segunda novela da escritora Iria López, un prometedor talento da literatura galega que falará en Melide da súa obra Santa Matriusca. Será tamén no marco desta feira, o sábado, cando se realice a entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide, Os sons de Galiza, cuxos vinte e cinco finalistas, traballos en lenzo sobre bastidor, poden visitarse durante estes días no Museo da Terra de Melide. A entrega de premios deste certame de pintura dará comezo ás 18.30 horas, no Salón de Plenos do Concello. Para os máis pequenos, o sábado desenvolveranse talleres sobre ilustración e outros aspectos vencellados aos libros , así como unha sesión de contacontos a cargo de Santi Prego. O equipo de goberno de Melide incluíu tamén na programación desta fin de semana varias actuacións musicais. A primeira delas, o sábado –Cantón de San Roque, 23 horas-, traerá a Melide ao grupo Sumrrá, que presentará na vila o seu terceiro traballo, co que se está a consolidar como grupo de referencia a nivel estatal pola calidade do seu jazz que conserva sempre a pegada galega. Xornada intensa na mañá do domingo As actividades con maior peso literario desta I Feira no Camiño de Santiago concentraranse na mañá do domingo 27. Ás 12 horas, o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, moderará unha mesa redonda na que participarán varios gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide entre os anos 2000 e 2007. Ao seu remate, o escritor Xosé Vázquez Pintor, que recentemente deu nome á biblioteca pública municipal da vila, estará na Feira do Libro para participar nun coloquio que xirará derredor da súa obra Para dicir abril. Xunto a Vázquez Pintor, estarán Ánxela Gracián, directora da Colección Medusa de Sotelo, onde o autor melidense publicou a súa obra, e tamén a escritora cubana Yanelis Velazco, autora da tese Xosé Vázquez Pintor: a memoria que reconstrúe un mundo. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, avanzou que “quixemos con esta feira recoñecer o traballo das librarías de Melide, unilas nun proxecto común e dar un pulo á actividade literaria e creativa que sempre caracterizou á nosa comarca”. Así mesmo, a rexedora melidense destacou que “temos un programa ambicioso que traerá a Melide a figuras de referencia da literatura galega actual, ao tempo que queremos apostar por novos rostros e actividades que animen á xente nova a achegarse aos libros”. Neste sentido, a Feira do Libro que organiza o Concello de Melide contará tamén o domingo con obradoiros, dirixidos polo ilustrador Xosé Tomás; contacontos coa compañía Seisdedos e contos de ciclobibliotecas con Anxo Moure. Amais, durante os dous días, o Concello de Melide sorteará entre os asistentes á feira lotes de libros. Nesta mesma liña de fomento da lectura, o Concello de Melide ten tamén a disposición dos usuarios das piscinas de Furelos o servizo de bibliopiscinas, grazas ao cal se poden consultar xornais e libros en servizo de préstamo nas propias instalacións das piscinas descubertas. Dende a Concellaría de Cultura, a concelleira Conchi Castro destacou que “é unha aposta pioneira para o noso Concello, pero entendemos que os libros e a cultura non deben ficar ancorados nas grandes cidades, senón que é preciso tamén escoitar o que teñen que dicir as vilas coma Melide, nas que a actividade cultural é se cadra menos vistosa pero de gran calidade”. A Feira do Libro poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, o sábado e o domingo, que se pechará coa actuación musical de Tino Vaz, ás 21.30 horas, na Praza do Convento. Nota de prensa concello de Melide | |||
| I Festival do arte e das letras de Melide | |||
| (03/07/08) escrito por Antonio | |||
| Do 4 ao 27 de xullo de 2008. Programa: Día 4 de Xullo ás 22:30h no Cantón de San Roque (Jazz) Marcos Teira Cuarteto presenta o seu novo disco “Alí” . Marcos Teira caracterízase por un estilo jazz moi persoal. Día 5 de Xullo ás 22:00h no Cantón de San Roque (Jazz) Luthea Salom. Guitarra acústica e voz. Cantautora canadense producida por David Bowie, foi a abreconcertos de Norah Jones durante o ano 2007 na súa xira americana. Día 7 de Xullo no Museo Terra de Melide Exposición das 25 obras finalistas do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide 2008 “Os sons de Galiza” que se expoñerá no Museo da Terra de Melide até o 27 de xullo. Día 8/9/10 de Xullo ás 12:00h no Centro Multiusos Obradoiro de “Iniciación ás artes plásticas a través da interpretación de pezas de música clásica” a cargo da artista plástica Rebeca Ponte. Día 12 de Xullo ás 12:30h no Salón de plenos do Concello Conferencia sobre o papel fundamental dos concellos e institucións na formación artística e cultural da poboación mediante a organización e apoio de eventos artísticos. Día 13 de Xullo ás 20:30h no Museo Terra de Melide Inauguración da exposición fotográfica “El flamenco está en el aire” do fotógrafo Xavier Berdala. Día 13 de Xullo ás 21:30h na Praza Do Conven Día 27 de xullo * 12:00 horas. Mesa Redonda moderada por Manuel Bragado(Director de Edicións Xerais) onde participarán varios autores/as gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide(2000-2007) * 12:00-12:30 horas. Contos de Ciclobibliotecas con Anxo Moure. * 17:30 horas. Obradoiro de Ilustración con José Tomás para nenos e nenas de 7 a 12 anos. (inscrición no Departamento de Cultura do Concello. Prazas limitadas) * 19:00 horas. Contacontos coa compañia Seisdedos. * 23:00 horas. Actuación Musical. to Actuación de “Agarimos del Sur”. Guitarra, voz e grupo de baile. Día 13 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie completa “El flamenco está en el aire”. Día 18 de Xullo ás 18:30h no Centro Multiusos Exposición dos traballos realizados polos nenos do taller de artes plásticas de Rebeca Ponte. Ás 18:30 horas no multiusos. Día 19 de Xullo ás 22:0h no Cantón de San Roque Acuña Jazz Band. Piano, guitarra, contrabaixo, batería e saxofón tenor. Día 20 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie “cidades” do fotógrafo urbano Agustín Góngora. Día 21 de Xullo ás 11:00h / 12:30h noCentro Multiusos Taller de iniciación á danza contemporánea a cargo da bailarina Ángela Blanco. Día 21 de Xullo ás 21:00h no Cantón de San Roque Actuación da peza “Descarriadas” de danza contemporánea de Ángela Blanco. Día 23 de Xullo ás 20:30h no Centro Multiusos Taller de iniciación á fotografía para adultos a cargo do fotógrafo Jordi Oliver. Día 24 de Xullo ás 22:30h na Praza Do Convento Proxección da serie fotográfica “Lessons “ de Jordi Oliver. FEIRA DO LIBRO Día 26 e 27de Xullo de 11:00 a 14:00 h e de 17:00-21:30h na Praza Do Convento Día 26 de xullo * 11:00 horas. Inauguración da Feira. * 12:00 horas. Pregón a cargo de Mercedes Queixas. * 17:30 horas. Taller de iniciación á ilustración de literatura infantil a cargo da artista Lara Pintos. * 18:30 horas. Entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide. * 19:30 horas. Contacontos de Santi Prego. * 23:00 horas. Actuación do grupo de jazz “SUMRÁ” de Manolo Gutiérrez no cantón de San Roque. Día 27 de xullo * 12:00 horas. Mesa Redonda moderada por Manuel Bragado(Director de Edicións Xerais) onde participarán varios autores/as gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide(2000-2007) * 12:00-12:30 horas. Contos de Ciclobibliotecas con Anxo Moure. * 17:30 horas. Obradoiro de Ilustración con José Tomás para nenos e nenas de 7 a 12 anos. (inscrición no Departamento de Cultura do Concello. Prazas limitadas) * 19:00 horas. Contacontos coa compañia Seisdedos. * 23:00 horas. Actuación Musical. + info en artemelide.com | |||
| Subvencións a entidades para o desenvolvemento de programas de promoción e formación de mulleres | |||
| (26/06/08) escrito por Antonio | |||
| Poderán solicitar as axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Prazo de presentación: do 25 de xuño ao 24 de xullo de 2008, ambos incluídos. Programa 1: de promoción de actividades Programa 2: centros de atención especializada. Programa 3: recursos especializados (financiamento da prestación de recursos especializados ás mulleres co fin de superar situacións de marxinación ou de desigualdade). Programa 4: estímulo á formación de mulleres (fomentar a mellora da capacitación das mulleres para ingresar no mercado de traballo no rol de asalariadas ou de traballadoras autónomas, para avanzar na solución da segregación horizontal e vertical por mor do xénero que sofre o mercado laboral galego, mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo: a) Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional naquelas profesións en que se atopen subrepresentadas e que sexan demandadas polo mercado de traballo. b) Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres, nomeadamente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable. c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores. d) Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.). + info DOG nº 121, martes 24 de xuño de 2008 http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/53ca87912204b95ec1257471005c9863/$FILE/12100D011P053.PDF Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Tlf.: 981545366 Fax: 981545365 Correo electrónico: sgpihm@xunta.es Delegación Provincial do Servizo Galego de Promoción da Igualdade: Avda. do Exército 2 - 15006. A Coruña Tfno: 981.185.771 | |||
| O Concello de Melide organiza campamentos urbanos de verán para nenos de 3 a 9 anos | |||
| (20/06/08) escrito por Antonio | |||
| As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 15 de agosto , e os nenos deberán formalizar as súas inscricións no departamento de Cultura. Neste mes e medio de programación, os nenos e nenas que participen –previa inscrición no Departamento de Cultura, a partir deste luns, 23 de xuño- aprenderán a arte da papiroflexia e da globoflexia ou a traballar co coiro en obradoiros temáticos Os xogos, a música, o baile moderno e a aproximación ás danzas do mundo estarán tamén presentes nestes campamentos que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas no Edificio Multiusos de Melide . Outras actividades que se desenvolverán serán a iniciación á informática, obradoiros de fotografía, teatro e actividades deportivas. O custo da participación nesta programación de verán impulsada polo Concello de Melide limítase a 15 euros por cada semana de actividade e cada neno, cun desconto do cincuenta por cento a partir do segundo irmán. Fonte da nova, concello de Melide | |||
| Festa do deporte en Melide | |||
| (05/06/08) escrito por Antonio | |||
| O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galiza a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns. En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte –fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade. A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade. + info en www.deportegalego.es ou www.concellodemelide.org | |||
| XXVI Día da muiñeira | |||
| (04/06/08) escrito por Antonio | |||
| Celébrase con carácter de exhibición, non de concurso, e poderán participar os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquias, A. de Veciños, A. Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia. Data: 8 de xuño de 2008 ás 17.30 h.: pasarrúas ás 18.00 h.: exhibición Lugar Xardíns de Méndez Núñez Organiza A. X. Xacarandaina +info www.xacarandaina.com , 981 277 315 ou en info@xacarandaina.com | |||
| Melide estreará local de ensaio a finais de ano no que se investirá 112.000 euros | |||
| (30/05/08) escrito por Antonio | |||
| Os grupos musicais de Melide contarán antes do remate deste ano cunha nova instalación municipal ao seu servizo para poderen ensaiar. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Mocidade, Anabel Ramos, entrevistáronse esta mañá co Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, para abordar diferentes proxectos en marcha, así como novas posibilidades de colaboración entre este departamento de Vicepresidencia e o Concello de Melide. Un dos temas abordados na reunión foi o relativo ao local de ensaio, unha vella demanda dos diversos grupos musicais que hai en Melide. Na xuntanza celebrada nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude en Santiago de Compostela, Rubén Cela, Socorro Cea e Anabel Ramos analizaron o estado actual no que se atopa o proxecto para dotar dun local de ensaio a Melide. O director xeral comprometeuse coa alcaldesa a asinar o correspondente convenio de colaboración no próximo mes de xuño. Dese xeito, será o propio concello o que poida licitar as obras este mesmo verán que terán un prazo de execución de catro meses e contarán cun investimento de 112.000 euros sufragados integramente pola Dirección Xeral de Xuventude. O futuro local de ensaio estará ubicado na parte traseira do edificio multiusos, onde o Concello acometerá tamén nas vindeiras datas un proxecto de mellora desa zona. A posta en marcha do local de ensaio ofrecerá un servizo de alta calidade, profesional e de acceso gratuíto aos grupos e conxuntos musicas de Melide que neste momento non contan con ningunha infraestrutura na que ensaiar ou preparar as súas maquetas. A alcaldesa, Socorro Cea, amosouse satisfeita pola colaboración ofrecida polo departamento do nacionalista Rubén Cela, e adiantou que “xa é tempo de que se preste atención ás demandas da mocidade de Melide, polo que dende o equipo de goberno queremos apoiar con infraestruturas de calidade o crecemento de novas propostas creativas e musicais que teñan a súa orixe en Melide”. A nivel cultural, esta mesma semana inaugurouse tamén en Melide a primeira sala de exposicións coa que conta o Concello, e que está permitindo xa que os numerosos artistas locais poidan expoñer as súas obras na terra que as inspirou. Outros dos temas tratados foi a incorporación de Melide ao programa Naturalmente Galiza-visitas guiadas de fin de semana, que consiste en deseñar unha programación completa para que persoas de entre dezaoito e trinta anos pasen en Melide unha fin de semana coñecendo o patrimonio cultural e etnográfico. Por outra banda, a alcaldesa interesouse tamén pola participación da xente nova de Melide nos campamentos organizados pola Vicepresidencia, e que coordina o departamento de Rubén Cela. Nota de prensa concello de Melide | |||
| Día internacional de los museos | |||
| (17/05/08) escrito por Antonio | |||
| En el mes de mayo los museos son protagonistas de dos celebraciones internacionales que acercan estas instituciones a la sociedad de una forma lúdica y festiva. El Día Internacional de los Museos (18 de mayo) , promovido por el ICOM al que se suman los museos de todo el mundo y La Noche de los Museos (20 de mayo) , en la que participan más de 1200 museos de toda Europa. Para consultar programa museos coruñeses haz clic aquí: http://www.corunacity.com/content/view/832/1/ | |||
| MELIDE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO POEMARIO O QUE BEN CHE QUER, DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ | |||
| (14/05/08) escrito por Antonio | |||
| Poemas inéditos de Álvarez Blázquez e outros que formaban parte xa do libro Roseira do teu mencer conforman o poemario O que ben che quer que editou a editorial OQO, e que contén ilustracións da filla do autor homenaxeado, Berta Cáccamo. O salón de plenos de Melide acolleu ás oito deste serán a presentación desta obra que no día de onte a Concellería de Cultura de Melide entregou a todos os nenos e nenas de Melide. O acto desta tarde, aberto ao público, contou coa presenza da artista e editora de OQO, Eva Mejuto, amais de coa alcaldesa, Socorro Cea, a concelleira de Cultura, Conchi Castro, e outros membros da corporación municipal. Malia que nun primeiro momento estaba prevista a asistencia dos fillos do autor, Xosé María e Berta Álvarez Cáccamo, estes non puideron asistir debido a un problema de saúde que os mantén lonxe de Galiza.Neste acto central da Semana das Letras e das Artes de Melide, realizouse un percorrido pola vida e obra de Álvarez Bláquez, a través de imaxes e vídeos compostos para a ocasión, nos que se puxo de manifesto a súa valía como arqueólogo e escritor. Nestas pezas audiovisuais puidose contouse coa intervención de Berta Cáccamo, filla do artista e pintora de grande recoñecemento que achegou as ilustracións a esta obra do seu pai. Na súa intervención, a concelleira de Cultura, Conchi Castro, lembrou que o programa elaborado pola súa concellaría con motivo da celebración do 17 de maio “quere ir máis aló desa data simbólica, e espallar ao longo de toda a semana actos culturais que non só se centren na literatura, senón noutras manifestacións artísticas”. Neste senso, cómpre lembrar que o Concello de Melide pechará esta semana festiva coa charla “Da tradición oral ao álbum ilustrado”, a cargo da artista Eva Mejuto, que fará un percorrido pola importancia do conto oral na nosa tradición. Manifestación a prol da lingua O vindeiro domingo, 18 de maio, celebrarase na Alameda de Santiago de Compostela unha manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, para reivindicar a situación da lingua galega. O Concello de Melide, que xa manifestou a súa adhesión a esta manifestación e ao manifesto que con tal motivo emitiu a Mesa, anima a todos os veciños e veciñas a participar neste acontecemento, para o cal disporá un autobús gratuíto que viaxará a Santiago. O autobús sairá ás 10.30 horas da mañá do domingo da habitual parada do autobús da empresa Freire. Fonte concello de Melide | |||
| Actuación de Jabon Blue en el pub Gatos de Melide | |||
| (22/04/08) escrito por Antonio | |||
| Con el parón de Heredeiros da Crus y la iniciativa de su cantante Javi Maneiro, nace Jabón Blue formado por el mismo Javi junto a Kuervo, Diego Castaño, Pony y Marcos Otero. Estarán presentando su primer disco, "La música va por dentro". Fecha: Viernes 25/04/2008 - 11:00 + info www.jabonblue.com | |||
| CREASE EN MELIDE A AGRUPACIÓN VOLUNTARIA GALICIA CENTRAL DE CONCELLOS | |||
| (08/04/08) escrito por Antonio | |||
| A primeira agrupación voluntaria de municipios que se crea en Galicia ten xa dende esta tarde un nome propio. Será Galicia Central, o nome que esta tarde fixeron público os catro alcaldes dos concellos integrados na agrupación: Melide, Lalín, Monforte e O Carballiño Esta entidade, pioneira en Galicia, deu os seus primeiros pasos a mediados de febreiro, cando os catro alcaldes deron a coñecer a súa intención de crear unha plataforma de colaboración para desenvolver políticas e proxectos comúns aproveitando as particularidades de cada un destes catro concellos do interior de Galicia, todos eles cunha importante pegada rural. No día de hoxe, Socorro Cea (Melide), Xosé Crespo (Lalín), Severino Rodríguez (Monforte) e Carlos Montes (O Carballiño) mantiveron unha xuntanza de traballo en Melide para seguir avanzando na elaboración de proxectos comúns. Así, Socorro Cea adiantou que “Galicia Central, encargará en primeiro lugar un estudo estratéxico no que se poñan de manifesto cales son as posibilidades reais de colaboración e os eidos que ofrecen maior potencialidade de acción para dar beneficio á suma dos habitantes dos catro municipios”. A alcaldesa de Melide expuxo cales son os proxectos que Galicia Central ten xa en marcha: un concurso fotográfico con imaxes dos catro concellos, folletos turísticas con rutas programadas para escolares, ou intercambios nos campamentos de verán entre as catro localidades son algunhas delas. Por outra banda, o grupo de traballo de Galicia Central encomendou a cada unha das localidades unha acción localizada de cuxa organización se encargará cada concello. Así, Monforte acollerá en agosto un festival de pop-rock con grupos locais das catro localidades. En setembro, O Carballiño organizará unha andaina de sendeirismo con paradas de interese turístico, e Lalín acollerá un festival de bandas de música no que participarán os grupos de Melide, O Carballiño, Monforte e o anfitrión da terra do Deza. Pola súa parte, o concello de Melide aproveitará a Semana da Música, que ten o seu día grande na festividade de Santa Cecilia -29 de novembro- para acoller un Encontro de Corais, no que se darán cita as representantes dos catro municipios, unha delas, a de Lalín, infantil. Na xuntanza desta tarde, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, afirmou que “a medida que perfilamos este proxecto colle corpo unha colaboración municipal sen precedentes en Galicia, que ademais racha cos tópicos das barreiras establecidas pola ideoloxía política e a división das provincias”, facendo referencia a que os fundadores desta agrupación proceden de distintos signos políticos (Lalín-PP, O Carballiño-PSOE e Melide e Monforte - BNG), e tamén das catro provincias galegas). O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, insistiu en que “o traballo que se está desenvolvendo dende esta agrupación pode ser o principio dun camiño para contribuír a cambiar unha mentalidade demasiado localista que tradicionalmente ten habido en Galicia”. O alcalde nacionalista tamén dixo “atoparse cunha experiencia moi leal, porque apartamos as diferenzas para traballar en clave municipal”. Pola súa banda, Carlos Montes, alcalde do Carballiño, insistiu en que se trata “dun proxecto de futuro para as zonas da Galicia central, para afondar en temas infraestruturais, e incluso movementos demográficos e reequilibrio territorial, pois é tamén un xeito de diagnosticar a nosa problemática e saír ao frente”. A vindeira xuntanza do equipo de traballo de Galicia Central será o 29 de abril en Monforte de Lemos. Fonte prensa concello de Melide | |||
| SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN DE COMERCIOS SITUADOS EN ZONAS RURAIS | |||
| (26/03/08) escrito por Antonio | |||
| As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros da consellería de innovación e industria. Prazo presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2008. Máis información: www.conselleriaiei.org no 981 545419 ou por email dxcomercio@xunta.es | |||
| O CONCELLO DE MELIDE HOMENAXEA AOS SEIS DEPORTISTAS DE KICKBOXING MEDALLISTAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑ | |||
| (24/03/08) escrito por Antonio | |||
| Esta tarde celebrouse unha recepción oficial no Concello na que participaron os deportistas das escolas melidenses que acadaron dúas medallas de ouro e catro de bronce coa Selección Galega. O goberno municipal de Melide rendeu unha homenaxe esta tarde aos seis deportistas de Melide que a comezos deste mes acadaron medalla no Campionato de España de Kickboxing, celebrado na localidade madrileña de Alcorcón , para as modalidades de semicontact e formas . Integrados na Selección Galega desta modalidade deportiva, competiron seis deportistas das escolas F.K. Melide e Escola Ayude, ámbalas dúas adestradas por J osé Manuel López Ayude , posto que o sétimo deportistas que viaxou coa escola non puido competir por un problema de peso. No Campionato de España, os melidenses acadaron dúas medallas de ouro, as dos irmáns Cora e Aron López Pallas, que competían nas categorías de entre 11 e 13 anos e de 8 e 10 anos respectivamente. Amais destas medallas, o deporte de Melide acadou tamén catro medallas de bronce. Os deportistas que fixeron posible esta nova marca do kickboxing da zona foron Bruno Agra García (11 a 13 anos), Pedro López Costa (11 a 13 anos), Gonzalo Paredes Bruces (14 a 16 anos), e José Antonio Sánchez Conde, na categoría de máis de dezasete anos. Todos eles, xunto co árbitro e o seu adestrador e tamén seleccionador da Selección Galega, José Manuel López Ayude, asistiron esta tarde a unha recepción ofrecida polo Concello de Melide, na que participaron tamén o concelleiro de Deportes, Antonio Varela; o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Prado Puga; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Antonio Díaz Rodríguez, e o concelleiro Santos López en representación do Partido Popular. Durante este acto, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, fíxolle entrega aos deportistas e tamén ao seu adestrador, duns detalles simbólicos por parte do Concello, con motivo das marcas acadadas, e “como agradecemento ao que supoñen estes éxitos para o deporte de Melide”. Socorro Cea ofreceu “o noso apoio aos deportes minoritarios, posto que é deber do Concello divulgar e pór en valor o esforzo destes deportistas para que todos os melidenses se poidan sentir orgullosos, pois detrás dun gran triunfo hai sempre moitas horas de esforzo e adestramento”. Por parte da Escola Ayude, o adestrador dos campións, José Manuel López, agradeceu os parabéns do goberno local e fixo un chamamento para que este recoñecemento se poida plasmar tamén en colaboracións futuras. O adestrador destacou a capacidade de esforzo dos deportistas de kickboxing, por tratarse dunha modalidade individual na que é preciso combinar esforzo físico e mental. O kickboxing é unha modalidade deportiva encadrada dentro dos chamados deportes de contacto, que abrangue distintas especialidades, como formas, o semicontact ou o fullcontact. A escola Ayude de Melide participou neste Campionato de España con sete alumnos, aínda que finalmente só puideron competir seis; os seis que trouxeron para Melide dúas medallas de ouro e catro de bronce. Fonte concello de Melide | |||
| Resultados eleccións naionais 2008 en Melide | |||
| (10/03/08) escrito por Antonio | |||
| Quédanvos colgados os resultados das eleccións nacionais 2008, no noso municipio. Apreciase unha forte baixada na porcentaxe do voto do PP, sobe lixeiramente o PSOE e en forte ascenso o voto do BNG ó pasar dun 15,38% a un 21,97%. | |||
| MUSEO TERRA DE MELIDE: EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VIANDANTES DO CAMIÑO PRIMITIVO | |||
| (06/03/08) escrito por Antonio | |||
| O Museo Terra de Melide acollerá este venres a inauguración da exposición fotográfica Viandantes do Camiño Primitivo , unha mostra organizada pola asociación que leva o mesmo nome e que poderá visitarse no museo da vila entre este venres e o día 21 de marzo. A inauguración será no Museo Terra de Melide, ás 19 h . Asistirán o director do Museo, Xosé Manuel Broz, representantes da asociación “Viandantes do Camiño Primitivo”, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Cultura, Conchi Castro. | |||
| Axudas plans de mellora nas explotacións agrarias | |||
| (26/02/08) escrito por Antonio | |||
| Axuda/Subvención: axudas para a realización de plans de mellora nas explotacións agrarias e para a primeira instalación de agricultores mozos ou mozas. Organismo: Conselleira do Medio Rural Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos indicados nesta orde. Prazos: Establécense dous periodos de convocatoria: · 1º) Do 23 de febreiro ao 22 de marzo de 2008, ambos os dous inclusive. · 2º) Do 24 de marzo ao 31 de maio, ambos os dous inclusive. Presentación de solicitudes: A presentación será preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexo I, que estarán á disposición dos interesados nas mencionadas oficinas. Coa solicitude de axuda achegarase a documentación complementaria establecida nesta orde para cada tipo de axuda solicitada. As oficinas agrarias comarcais asesorarán as persoas solicitantes na realización dos estudos técnicoeconómicos necesarios para a elaboración dos plans de mellora das estruturas das explotacións e das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, iniciando a instrución dos expedientes, os cales serán remitidos debidamente formalizados aos servizos de explotacións agrarias nun prazo máximo de dous meses desde a data de rexistro da solicitude. Publicación: DOG Nº 38, 22 de febreiro de 2008 Máis información Fonte da nova: concello de Cambre | |||

| ALERTVIR |
| Avisos y alertas de seguridad :: Alertvir |
|
|
|
| Name | Score | |
| 1. | admin | 55 |
| 2. | sandra | 49 |
| 3. | anxo | 48 |
| 4. | Rasbasstone | 29 |
| 5. | censuras | 20 |
| Cilick aquí para ver top 20 | ||
| El Yorkshire mas cariñoso del criadero Otros (19.11.2008) | |
| El Yorkshire mas cariñoso del criadero Otros (19.11.2008) | |
| El Yorkshire mas cariñoso del criadero Otros (19.11.2008) | |
| alquilo apartamento amueblado perillo Pisos (10.11.2008) | |
| hembra yorkshire Hogar (09.11.2008) | |